jueves, 11 de octubre de 2018

The napping house

Benqueridos e benqueridas,

Cóntanos Katrina que durante esta semana nas clases de inglés continuáronse a introducir as rutinas que se levarán a cabo ao inicio e final de cada sesión durante todo o curso.

Coas rutinas achegamos á aula accións e conceptos importantes xa que impregnan a realidade da lingua, son de utilidade e de uso frecuente e están relacionados coa experiencia directa e as necesidades habituais das persoas,

Ademais de repasar o saúdo, a despedida e os números, esta vez tocoulle o turno ao tempo atmosférico e ao descanso.

O fío condutor para contextualizar o traballo están a ser o conto The Napping House e a canción Twinkle, Twinkle, Little Star que vos deixamos aquí por se queredes botar un ollo. 

ENJOY!




ABRACADABRA, ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario