viernes, 19 de octubre de 2018

PRÉSTAMO DE CONTOS

Hoxe comezamos na aula cunha actividade moi especial: o préstamo de contos.

Cada venres, un conto viaxará a casa de cada neno. Primeiro, buscamos a nosa mochila. Logo, escollemos o conto que nos apetece ler e miramos que número ten. Ese número buscámolo na nosa lista de préstamo; onde unha vez buscado, poñemos un gomet. Finalmente, pegamos unha copia da portada do conto elixido na nosa libreta viaxeira da blibiobn, na que faremos o debuxo do que máis nos gustou.

Familia, agora só vos queda disfrutar con vosos pequenos dunha boa letura en familia!


No hay comentarios:

Publicar un comentario