viernes, 29 de marzo de 2019

GO AWAY BIG GREEN MONSTER

CÓNTANOS KATRINA QUE NAS ÚLTIMAS SEMANAS, AS SESIÓNS DE INGLÉS ESTIVERON ENMARCADAS POLO CONTO "GO AWAY BIG GREEN MONSTER" GRAZAS AO CAL PUIDERON TRABALLAR AS PARTES DA CARA E A CABEZA, ADEMAIS DE REPASAR AS CORES.

 Resultado de imaxes para GO AWAY BIG GREEN MONSTER

ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXERON FORON: DAR E SEGUIR DIRECTRICES PARA CREAR UN MONSTRO A PARTIR DE PARTES DA CARA DE DIFERENTES CORES, XOGOS CO ESCORNABOT, XOGOS DE MÍMICA, O XOGO DO VEXO VEXO EN INGLÉS (I SPY), ESCOITA DE CANCIÓNS E DITADO DE CORES.




DURANTE AS VINDEIRAS SEMANAS, COINCIDINDO COA CHEGADA DA PRIMAVERA E A PROXIMIDADE DA CELEBRACIÓN "EASTER", ESTAREMOS INMERS@S NO PROXECTO E-TWINNING "SPRING INTO SPRING".



NESTE, KATRINA E @S NEN@S, TRABALLARÁN MAN A MAN A TRAVÉS DA PLATAFORMA E-TWINNING CON ALUMNADO DOUTROS PAÍSES EUROPEOS COMO ITALIA, ROMANÍA E POLONIA, CO OBXECTIVO DE APRENDEREN XUNTOS VOCABULARIO E ASPECTOS CULTURAIS RELACIONADOS COA PRIMAVERA E CON ESTA CELEBRACIÓN.

A PASADA SEMANA LEVOUSE A CABO UNHA ACTIVIDADE ENMARCADA NESTE PROGRAMA NA QUE @S NEN@S CREARON COMEDEIROS PARA PAXAROS EMPREGANDO MATERIAIS DE REFUGALLO.


Making bird feeders from biblio BN on Vimeo.

ESTA SEMANA, KATRINA E @S NENOS E NENAS CREARON UN VÍDEO NO QUE SE PRESENTABAN E PRESENTABAN A ESCOLA AOS COMPAÑEIROS/AS DOS OUTROS PAÍSES.



Getting to know Barrionovo from biblio BN on Vimeo.


NON PERDADES DETALLE QUE AXIÑA VOS CONTAREMOS MÁIS.


ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!

martes, 26 de marzo de 2019

ATELIER CREATIVO: Mini Mundos

No Espazo Fedelleiro da escola, apareceu montado un atelier creativo novo sobre Mini Mundos.

Os Mini Mundos permiten aos nenos e nenas facer tanxible aquilo que lles pasa pola mente, o que lles interesa, o que a súa mente crea.

O obxectivo deste atelier foi que os pequenos puideran crear con materiais non estructurados todo tipo de escenarios que poidan imaxinar, crear sen límites.

viernes, 22 de marzo de 2019

Día dos Bosques e da Poesía

En Barrionovo celebramos o día dos bosques e da poesía cunha saída a Fraga de Sisalde e a lectura dunha poesía ao carón do noso horto. Pinchade na imaxe para velo.

domingo, 17 de marzo de 2019

Traballo De Investigación: Os Parrulos #somosdemonte

No barrio laranxa seguimos traballando no noso proxecto: #somosdemonte. Esta semana tivemos a sorte de ter na aula un experto en parrulos: Lorien. Xunto coa súa familia, preparou unha traballo apoiado con imaxes, que presentou aos seus compañeiros e compañeiras.

Estivemos moi atentos, puidemos preguntarlle e resolver todas aquelas curiosidades que tiñamos sobre os parrulos: que comen, como nacen, como nadan, ... 
Entre tod@s, preparamos unha presentación:

Posteriormente, fixemos actividades para reforzar o aprendido e para traballar a lecto-escritura:


Así como tamén a lóxica-matemática (concepto "tantos como": cada neno/a tiña que tirar o dado, fixarse na cantidade que saía, contar, e colorear tantos parrulos como puntos saían no dado).

miércoles, 13 de marzo de 2019

Martes Posía-Express: Poesía Multisensorial

Só tedes que premer na imaxe para ver como foi a Poesía-Express desta semana.

Celebración do 8M na BiblioBn e inaguración da Semana da Prensa

Esta semana, seguimos coa celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, e ademáis, inaguramos na BiblioBn a semana da prensa, presentando un novo recuncho: a HEMEROTECA. Premede na imaxe para ver toda a experiencia:

viernes, 8 de marzo de 2019

8M: AS NOSAS MULLERES TRABALLADORAS

Hoxe é un día especial, e como tal, cando chegaron á escola, aos nenos e nenas de Barrionovo estáballes agardando unha sorpresa: unha encurta cuxos artistas coñecían moi ben...Premede na imaxe para vela!
Resultado de imagen de 8m
Ademais, para seguir conmemorando este día, deixámosvos unhas guías de lectura relacionadas coa temática, para que poidades traballala e desfrutar cos vosos fill@s.

miércoles, 6 de marzo de 2019

Traballo De Investigación: OS BOMBEIROS #somosdemonte

Este trimestre as familias teñen un papel moi importante: facer un traballo de investigación sobre a profesión ou animal de monte que cada neno/a elixiu libremente.

Álvaro foi o primeiro en traer a súa investigación feita sobre os bombeiros.


A continuación deixámosvos un vídeo resumo sobre o aprendido:

Ademais, aprendemos unha adiviña sobre os bombeiros que os nenos e nenas debían de recitar na casa, e traballamos a expresión gráfica e a psicomotricidade fina. Aquí podedes ver algúns dos resultados:
                                        

                                        


ATELIER CREATIVO: "Circuiteando"

O obxectivo deste atelier creativo ubicado no espazo fedelleiro, foi a confección libre e orixinal de máscaras de entroido relacionadas co noso proxecto #somosdemonte. Ademais de decoralas con diversos materiais (plumas, purpurina, papeis de cores, papeis troquelados...), os nenos e nenas tiñan a misión de poñerlles luz!

Unha vez que decoraron cada un a súa máscara, presentámoslles un material novo: un sinxelo circuíto, no cal, mediante un clip, tiñan que fedellar para prender ou apagar a luz. Encantoulles, e sobre todo, ir probando ensaio-erro, ata que iban descubrindo en que posición debía estar o clip para que a luz se prendese.


E mirade que preciosidades elaboraron os pequenos e pequenas de Barrionovo:




Premede na imaxe para ver o proceso de elaboración das máscaras por parte de todo o alumnado:
                                                         

martes, 5 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019: #somosdemonte

E así de guap@s desfilaron e pasaron o día e celebración do Entroido os nenos e nenas da aula laranxa! 
Como #somosdemonte, para defender, protexer e habitar nos nosos montes, tivemos na escola un bombeiro, un pastor, lobos e abellas, unha duende dos bosques, un moucho, un morcego e unha xoaniña!! 








Se queredes ver toda a celebración, clicade no seguinte enlace: 


lunes, 4 de marzo de 2019

DEAR ZOO

CÓNTANOS KATRINA QUE NAS ÚLTIMAS SEMANAS, DEAR ZOO FOI O CONTO QUE CONTEXTUALIZOU AS SESIÓNS DE INGLÉS.


ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE FIXERON FORON: XOGAR A ADIVIÑAR O ANIMAL A TRAVÉS DE MÍMICA, ADIVIÑAR O NOME DO ANIMAL A TRAVÉS DA IMAXE, XOGOS DE CARTAS (ELABORACIÓN DAS MESMAS, RAPIDEZ), E XOGO CO ESCORNABOT.



ADEMAIS, APRENDERON UN DIVERTIDÍSIMO XOGO DE RODA, I SENT A LETTER TO MY LOVE.

ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!