martes, 31 de marzo de 2020

SOBRE A 2ª AVALIACIÓN DESTE CURSO

De acordo coas instruccións da Xefatura de Inspección, a 2ª avaliación realizarase só con respecto aos contidos curriculares e actividades realizadas polo alumnado con anterioridade á suspensión das clases, é dicir ata o 13 de marzo.

Para a comunicación das cualificacións da 2º avaliación, o boletín das cualificacións enviarase ao correo electrónico familiar en PDF o venres 3 de abril.

Para aquelas familias que non dispoñen de correo electrónico, tendo en conta que vaise conservar o boletín no centro, chegaría con enviar a través de WhatsApp un PDF ou mesmo unha fotografía do resultado da avaliación; unha vez levantada a medida de confinamento poden recollelo formalmente no centro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

ALUMNADO CON NECESIDADES DE ATENCIÓN SOCIAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA

Teléfonos proporcionados polo Concello de Arteixo para a atención social ás familias.

XORNADA X: #quedanacasa

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA X
RUTINAS
Comezamos as rutinas observando o calendario de marzo. Podemos contar cos nenxs cantos días faltan por rematar o mes, e vamos ir pensando que mes vai comezar pronto. Xa o adiviñaron??? Se non é así que escoiten de novo a canción "Os meses do ano":


Hoxe é martes, día 31 de marzo de 2020. A continuación, podedes recitar un poesía aos peques, que fala sobre o martes. Recitádella con calma, e unha vez que rematedes, mantede unha pequena conversa sobre ela.
Unha vez que rematades, que escriban a data curta nun folio (31-03-2020) e que fagan o retrato dun compañeiro/a e escriban o nome do mesmo/a, fixándose nas súas características (moi importante): cor de ollos, pelo (rizo, liso, longo, curto), forma da cara, detalles da cara (cellas, pestanas...).

CONTO:
O conto de hoxe vén da man da profe Katrina:

ACTIVIDADES A PARTIR DO CONTO: clicade na imaxe para poder velas:

TALLER DE ARTE
Seguimos dando a volta ao mundo a través da arte. Xa coñecemos a Romuald Hazoumé (Benín), a Paco kampo (España) e a Kenoyuak Ashevak (Canadá), agora tócanos viaxar ata Papúa Nueva Guinea, para analizar de preto as obras de Julie Mota. Algunhas das súas obras están pintadas sobre colaxe de xornais, revistas,… e hoxe dende a clase de arte retámosvos a facer a vosa propia obra de arte con esta técnica.


TALLER DE LINGUAXE ORAL:
No taller de linguaxe de hoxe, dende o departamento de AL, poderedes traballar nunha actividade deseñada para o aumento da capacidade respiratoria e a duración do sopro.

PROXECTO
A semana pasada publicamos o resultado da enquisa do noso proxecto  #mesturarte, na que saiu gañadora o TIPI. Agora toca empezar a pensar...que é un tipi? 
- Buscar imaxes de tipis, falar sobre elas e averiguar que son.
- Debuxar un tipi e escribir sós TIPI. Perfilar o debuxo con rotulador e colorealo con cera. Poñer o nome por detrás.
- Envíanos o debuxo ao correo da aula pra compartir cos compañeiros.

MÚSICA
Hoxe, tamén queremos que os nenos e nenas lle manden ENERXÍA aos nosos maiores nestes días e lle adiquen esta cantiga!


Recordade que os que queirades, podedes seguir mandando o resultado dos traballos dos peques ao correo da aula: aulalaranxa@gmail.com
GRAZAS POLO VOSO ESFORZO E POR SEGUIR AHÍ

lunes, 30 de marzo de 2020

XORNADA IX: #quedanacasa

Bo día familias!
O mensaxe do día de hoxe vai dirixido aos NOSOS/AS NENOS E NENAS, e ás NOSAS FAMILIAS!! Grazas por estar ahí!! Dende o equipo de Barrionovo queremos mandarvos a seguinte mensaxe:
TODO VAI SAIR BEN!!

Ademais, queremos compartir convosco outra boa noticia: a impresora 3D da nosa escola está a traballar por unha moi boa causa. Premede na imaxe para máis información:

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA IX
RUTINAS:
Comeza outra semana e con ela novas propostas para os nosos/as peques. Comezamos as rutinas observando o calendario de marzo. Podemos contar cos nenxs cantos días faltan por rematar o mes, e vamos ir pensando que mes vai comezar pronto. Pra iso coma sempre, escoitamos a seguinte canción:

Hoxe é luns, día 30 de marzo de 2020. A continuación, podedes recitar un poesía aos peques, que fala sobre o luns. Recitádella con calma, e unha vez que rematedes, mantede unha pequena conversa sobre ela. 
Unha vez que rematades, que escriban a data curta nun folio (30-03-2020) e que fagan o seu retrato, fixándose nas súas características (moi importante): cor de ollos, pelo (rizo, liso, longo, curto), forma da cara, detalles da cara (cellas, pestanas...). 

CONTO:
Novo día, novo conto. Esperamos que vos guste!!


Actividades a partir do conto:
-  Conversar sobre o conto.
-  Imprimir ou debuxar un prato.
-  Dentro do prato, fai a sopa seguindo a receita; trátase de debuxar círculos de diferentes maneiras, cantidades e tamaños dentro do prato. Podes repasar os círculos con rotuladores de cores e colorealos.
-  Recorda poñer con lapis o teu nome por detrás.

Este podería ser un exemplo feito:

TALLER DE LINGUAXE ORAL:
Coa actividade de hoxe traballaremos a atención, a secuencia temporal e o razoamento verbal.

TALLER TIC:
Esta semana, deixamos á vosa disposición, unha proposta de APPS e materiais en liña, de diferentes editoriais que queren poñerse a disposición de familias e alumnxs, para combater da mellor maneira o tempo na casa. Clicando na seguinte imaxe, podedes acceder de maneira detallada a cada unha destas propostas:

GRAZAS POLO VOSO ESFORZO, CONSTANCIA E POR ESTAR AHÍ... GRAZAS!!!

viernes, 27 de marzo de 2020

XORNADA VIII: #quedanacasa

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA VIII
QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario, ademais de repasar os días da semana, meses do ano e as letras, coas cancións que vos compartimos en días anteriores (luns e martes). Hoxe é venres, 27 de marzo de 2020.


Canción extraída da páxina http://aulasgalegas.org/, na que podedes botar un ollo, pois ten moitos recursos para combater o tempo estes días na casa.

ENCURTA
Coma cada venres, toca encurta. A de hoxe ten uns protagonistas moi moi especiais, aos que as profes botamos moito de menos. É unha encurta pra rir, disfrutar e olvidar os días máis escuros. DISFRUTÁDEA!!

Ademais, hoxe é o día do teatro, e por iso, ofrecémosvos a posibilidade de desfrutar en familia da seguinte pequena teatral:

A partir desta obra, propoñémosvos facer un títere con material de refugallo que teñades na casa: calcetín ou media, papel, cartón... con materiais que se vos ocorran. A continuación deixámosvos algunhas ideas:
Unha vez que teñades o títere, deberán inventarlle un nome. Ademais, deberán anotar nun papel (escribir con lapis e repasar con rotulador) os materiais que utilizaron para construilo. Recordade, intentade que os nenos e nenas intenten escribir sós, podedes darlles pistas ou axudalos se volo piden, pero dádelle a oportunidade de que o intenten.

RECEITA
Ao longo destas semanas iremos compartindo algunha receita saudable que podedes facer na casa durante a fin de semana cos nenos e nenas. Facer unha receita da pé a traballar moitos aspectos: lecto- escritura (escribindo o nome dos ingredientes nun papel, deixade que os pequenxs o intenten sós), lóxica-matemática (xogando a ir engandindo un alimento na báscula (ir botando pouco a pouco ata chegar a 250 gramos), conteo ("axúdasme a coller 4 ovos?"), ver os cambios que poden sufrir os alimentos (como están as espinacas antes e despois de batelas, bater os ovos e observar a transformación... ), a motricidade... Animámosvos a que o intentedes, e que observedes como os nenos desfrutan con esa manipulación. 



TALLER DE LINGUAXE ORAL
Dende a aula de AL, coa actividade que se propón para hoxe trabállase o vocabulario e a conciencia semántica.

HORTO
Todos os venres temos sesión de horto, e a continuación se premedes na imaxe deixámosvos unha proposta pra esta semana.


WE WILL ROCK HOME
Esperamos moitos más!!! Aínda estades a tempo!

RESULTADOS DA ENQUISA
Nestes días estivemos a facer unha enquisa para saber que vos gustaría investigar e velaiquí o resultado....
Estivo ben axustado pero gaña... O TIPI INDIO!
De seguida comezaremos a pedirvos información, estade ben atentos!!

jueves, 26 de marzo de 2020

XORNADA VII: #quedanacasa

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA VII
QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario (xogamos a ir identificando diferentes números). Cada día repasamos os días da semana, os meses do ano e as letras que conforman todos os nosos nomes e apelidos coas cancións que vos compartimos en días anteriores. Hoxe é día 26 de marzo de 2020. Visitamos a páxina de meteogalicia.gal.


CONTO
Novo día, novo conto. O de hoxe fala de dous ratiños... mirade o que lles pasa!


Actividades a partir do conto:
     1. Conversa sobre o conto: cantos ratos aparecen?, onde vive cada un?
     2. Que fixeron?, a onde viaxaron?, onde quedaron a vivir ao final?
     3. Nunha cara do folio, escribir nome e data curta (26-03-2020)
     4. Pola outra cara, escribir o titulo do conto en lapis. Repasar con rotu.
     5. Fai un debuxo do que máis che gustou.
     6. Pensa 5 palabras que comecen por son "RRRR". Escribeas nun papel. 

MÚSICA
Na sesión de música desta semana, propoñemos traballar un ritmo moi sinxelo utilizando utensilios caseiros, neste caso dúas culleres! Podedes probar con diferentes materiais: metal, madeira ou plástico para comprobar como soa cada unha delas. Clave de Sol e Clave de Fa, propoñen unha danza popular Balcánica dunha das súas viaxes. Lembrade que o interesante é conseguir ir ao mesmo tempo!

Ademais, compartimos en primicia (dun xeito moi humilde) os nosos ensaios do "B.N. Rap", un estilo urbano de música que está moi presente nos EE.UU. unha das cidades que están a investigar na aula Laranxa que está chea de rañaceos! O autor deste poema musicalizado é "Mariño" o pai dunha alumna e membro da comunidade educativa. A base de rap creámola coa aplicación Incredibox. Gracias Mariño, CANTEMOS BEN FORTE PARA PODER PRONTO VOLVER ÁS AULAS:

 Querote BARRIONOVO!

MÚSICA
Se vos apetece podedes elaborar un instrumento musical con material de refugallo, pra levar o ritmo ou a melodía das cancións. Animádevos a facer a vosa propia orquestra na casa.
MATERIAIS:
Tambor: lata + globo

- Pau de chuvia: rolo de papel de cociña + palillos/tornillos/puntas + lentellas (pouquiñas).

A partir da elaboración, os nenos/as deberán coller un folio, onde terán que escribir o nome de cada  instrumento e os materiais que se empregaron pra sua elaboración. Deixade que sexan os nenxs que escriban sós. Podedes xogar a darlles pistas, como por exemplo: "Pista: a palabra tambor ten cinco letras".

TALLER DE LINGUAXE ORAL
Actividade deseñada para o traballo da atención e discriminación auditiva.

RECORDADE
Recordade votar na ENQUISA así como a colaboración para a cantiga "WE WILL ROCK HOME":

1. Busca algo que teñas na casa para facer o noso ritmo.
2. Gravade uns segundos.
3. Envíao a calquera dos emails da escola:
abibliobn@gmail.com
aulaazulbn@gmail.com
aularosabn@gmail.com
aulalaranxa@gmail.com

Queremos agradecervos a vosa participación e animarvos a que o sigades facendo... MIL GRAZAS!!!!

miércoles, 25 de marzo de 2020

XORNADA VI: #QUEDANACASA

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA VI
QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario (xogamos a ir identificando diferentes números). Cada día repasamos os días da semana, os meses do ano e as letras que conforman todos os nosos nomes e apelidos coas cancións que vos compartimos en días anteriores.

Hoxe é día 25 de marzo de 2020. Visitamos a páxina de www.meteogalicia.gal. Ás veces na aula traballamos coas regletas, asociando algúns números á regleta que corresponda. Preme na imaxe:

Despois de ver os números e a súa regleta podemos xogar a este sinxelo xogo pra coñecelas un pouco máis. Preme na imaxe:

POESÍA
Como cada mércores en Barrionovo, temos poesía express. A de hoxe está sacada dun libro de Miguel Anxo Romero e Leandro Lamas, titulado "Pompas de Cores":

O poema versa sobre unha babosa ou lesma, que ve voar sen parar a unha fermosa bolboreta chea de cores. Cores, xusto o que ela necesita.


Actividades a partir do poema:
     1. Imprimir ou debuxar a seguinte bolboreta nun folio (do tamaño e cor que teñades).
     2. Trazar liñas (horizontais) a lapis. Repasalas con rotulador.
    3. Decorar con diferentes trazos, cada espazo da bolboreta (os trazos que se vos ocorran, TODOS SON VÁLIDOS): zig-zag, círculos, liñas, estrelas, triángulos, nubes... 
     4. Sempre escribimos o nome e a data pola cara traseira.

TALLER DE LÓXICA-MATEMÁTICA
Os mércores é o día no que os nenos e nenas da aula laranxa baixamos ao Espazo Fedelleiro a facer un taller de mates. Como durante un tempo non vai ser posible, aquí vos deixamos a seguinte proposta de descomposición numérica para que desfrutes e levedes a cabo cos vosos fill@s:

Podedes compartir a través dos comentarios como resultou, enviar un vídeo do proceso, foto, ou rexistro con lapis e papel (por exemplo, 1+1+1+1+1+1=6;  2+2+2= 6...). Trátase de que os nenos e nenas vaian dándose conta en como podemos descompoñer de diferentes formas o número seis. Debuxar a cantidade que sae nos dados, ir rodeando ou agrupando, e coller de xeito inmediato as moedas que correspondan, son estratexias que axudarán aos nenos e nenas a ir fedellando e descubrindo de maneira sinxela e clara esa descomposición.

PSICOMOTRICIDADE
Unha proposta de psicomotricidade con material de refugallo que seguro que tedes nos vosos fogares. Animádevos a facela!

TALLER DE LINGUAXE ORAL
Dende a aula de A.L deixamos unha actividade a modo de xogo para traballar as praxias. Premede na seguinte imaxes para vela:


ENGLISH
Se queredes ver como se traballan as rutinas nas clases de inglés con Katrina premede na seguinte imaxe:

Recordade votar na ENQUISA así como a colaboración para a cantiga "WE WILL ROCK HOME":

1. Busca algo que teñas na casa para facer o noso ritmo.
2. Gravade uns segundos.
3. Envíao a calquera dos emails da escola:
abibliobn@gmail.com
aulaazulbn@gmail.com
aularosabn@gmail.com
aulalaranxa@gmail.com

Queremos agradecervos a vosa participación e animarvos a que o sigades facendo... MIL GRAZAS!!!!

martes, 24 de marzo de 2020

XORNADA V: #quedanacasa

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA V
QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario (xogamos a ir identificando diferentes números). Cada día repasamos os días da semana, os meses do ano e as letras que conforman todos os nosos nomes e apelidos, e facémolo ao son das seguintes cancións:



Hoxe é 24 de marzo de 2020. Visitamos a páxina de www.meteogalicia.es ou miramos pola fiestra. Os que queiran, poden escribir a data curta: 24/03/2020, o nome, e facer o debuxo de si mesmo. Perfilámolo e coloreámolo.

CONTO: 

ACTIVIDADES A PARTIR DO CONTO: 
  • Conversa sobre o conto: quen era a protagonista, que lle pasaba, por que, como acabou a historia.
  • Escribir con lapis nome e data curta por unha cara do folio.
  • Pola outra, escribir o título do conto con lapis. Repasar con rotulador.
  • Facer un retrato de Flora ou de Micha, tendo en conta como é o seu pelo, os seus ollos... Tedes tres opcións, elexide unha:



        

ENGLISH:
Nova proposta da profe Katrina: "the good things jar" ou bote das cousas boas e bonitas. Clicade na  seguinte imaxe pra ver a proposta:

XOGO DE LINGUAXE: 
Preme na imaxe para ver o xogo de hoxe proposto para traballar a linguaxe.

ARTE: 
O mes de marzo, ten como homenaxeado no noso calendario ao pintor e escultor galego JORGE PETEIRO, nacido na Coruña.
Resultado de imagen de jorge peteiro

Peteiro converteu a pintura nun caleidoscopio cheo de imaxes construídas coa cambinación das cores. Como se pode observar, utilizaba moitas cores, sempre rotuladas con cor negra.

Resultado de imagen de jorge peteiro

A súa linguaxe gañou en impacto visual. A súa pintura sempre mantivo a temática das PAISAXES. Tal e como se aprecia nas obras que mostramos, ENCANTÁBALLE O MAR!
Resultado de imagen de jorge peteiro

Resultado de imagen de jorge peteiro

ACTIVIDADES PROPOSTAS:

  1. Ver cos pequenos/as as diferentes obras de Jorge Peteiro, e comentalas.
  2. Falar de cal lles gustou máis, menos, por que, e a temática de cada unha delas.
  3. Coller un folio e escribir nome e data curta (24/03/2020)
  4. Pola outra cara do folio facer o seu propio cadro inspirándose en Jorge Peteiro.
  5. Aqueles que víchedes a visita guiada pola Torre de Hércules do 17 de marzo podedes xogar a buscar as torres que hai nos cadros do pintor, rodealas e debuxalas.
Por favor, seguide compartindo connosco as tarefas dos vosos nenos e nenas, que nos enchen de satisfacción e ilusión!! Grazas por seguir ahí.
aulalaranxa@gmail.com

lunes, 23 de marzo de 2020

XORNADA IV: #QUEDANACASA

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA IV
QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario (xogamos a ir identificando diferentes números). Cada día repasamos os días da semana, os meses do ano e as letras que conforman todos os nosos nomes e apelidos, e facémolo ao son da seguinte canción:



FALADOIRO: 
Hoxe é 23 de marzo de 2020. Escribimos a data curta: 23/03/2020, o noso nome... e visitamos a páxina de www.meteogalicia.es ou miramos pola fiestra. Comezou unha nova estación: a PRIMAVERA.
Conversamos acerca de:
     - Que é a primavera? Que froitos se dan nela? Que roupa levamos? Fai frío, calor? Se nos fixamos na canción que cada día escoitamos daranos pistas sobre esta nova estación:

MÚSICA: 
E se queredes seguir escoitando música, podedes disfrutar co seguinte rock infantil titulado "La primavera ya llegó", unha versión rockera de Abel Camacho.

CONTO MUSICADO: "La primavera de Vivaldi".
GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA: 
Coa chegada da primavera, as paisaxes énchense de flores. Por iso, é un momento significativo para traballar cos pequenxs as formas, as cores e as súas mesturas, cunha actividade artística coa que poderedes encher de flores e color as vosas casas. 
  • Materiais: 
    • folio (branco ou de cores)
    • pintura de dedos ou témpera
    • tenedor, botella de plástico, bastonciños ou os propios dedos
  • Deixámosvos algunhas ideas para inspirarvos, ainda que a mellor estratexia é a imaxinación:
Handprint with fingerprint flowers on canvas. Flower pots were cut from scrapboo  Handprint with fingerprint flowers on canvas. Flower pots were cut from scrapboo  The post Handprint with fingerprint flowers on canvas. Flower pots were cut from scrapboo appeared first on Paper Diy.Kwiaty
                                     
☞ Are you looking for fun, easy spring crafts to do with your preschoolers? Then you’re in the right place. #Spring_Crafts_for_Kids #Preschool_Kids_Spring_CraftsManualidades con niños en primavera y para Pascua * Mission Mom #con #manualidades #mission #Mom #niños #para #pascua #primavera

MÚSICA: Neste libro cheo de sons, "Fuerte, Suave e tranquilo", atopamos unha casa moi singular que descubrimos dentro do proxecto #mesturarte , na aula de música.

 Aprende un pouco máis a través deste TinyTap.


Por favor, seguide compartindo connosco as tarefas dos vosos nenos e nenas, que nos enchen de satisfacción e ilusión!! Grazas por seguir ahí.
aulalaranxa@gmail.com