viernes, 29 de septiembre de 2017

Primeira ronda de "xogo a ler "

Hoxe os habitantes do barrio laranxa amosámosnos os uns aos  outros os contos que levamos a pasada semana, así como os debuxos que fixemos no noso libriño. Fixemos unha nova ronda de elección de libros que xa están nas casiñas dos nen@s para ser disfrutados en familia 👌🏾


miércoles, 27 de septiembre de 2017

GLOBO TERRÁQUEO

Hoxe, gracias a Valentina, da aula rosa, puidemos descubrir un montón de cousas.
Valentina veu a explicarnos como funciona o seu globo terráqueo, que é interactivo (
Smart Globe Infinity) A través dun lapis e seleccionando diferentes opcións, dinos os nomes dos países, a súa moeda, cal é o seu clima...un milleiro de posibilidades e unha forma moi divertida de aprender.  Encantounos!!!!!! Gracias Valentina. 




martes, 26 de septiembre de 2017

Benvido outono!

Para festexar a chegada do outono, tivemos un EncontXo no espazo fedelleiro: OUTONO SENSORIAL
Unha experiencia chea de sensacións, imaxes, música, luces...
Prema na imaxe para ver máis
http://bibliobn.blogspot.com.es/2017/09/encontxo-outono-sensorial.html
Hoxe, na Poesía Express, seguimos descubrindo símbolos de Galicia da man de Manuel María. Esta vez vimos o escudo de Galicia. Pica na imaxe:
Na clase seguimos puxémonos mans a obra, e compuxemos o escudo nós tamén:

Ata pronto!!



viernes, 22 de septiembre de 2017

Un resumo da nosa semana

Esta semana estivo cargada de acontecementos, os día polo Barrionovo sempre son unha caixa chea de sorpresas.
O martes na poesía express debuxamos a bandeira de Galicia na mesa de luz. Preme na imaxe para ver máis.

O xoves tivemos un Encontxo co Bestiario de Galicia, primeira actividade grupal do curso cos novos habitantes do Barrio. Preme na imaxe para ver máis.
Hoxe, Venres de Encurtas, para conmemorar a chegada do outono que acontecerá esta noite, a curta estivo adicada a esta estación, amenizada con música de Vivaldi.

Ademais, xa temos as nosas etiquetas para os percheiros listas!!!


Ao longo da semana tamén fumos marcando no mapa de Galicia que temos na clase os puntos do noso país que imos coñecendo por distintos motivos: Pastoriza, por suposto, por onde empezar senón? 
As montañas do Courel, onde naceu Manuel María, protagonista do calendario deste mes. 
 Ademáis, hoxe vimos na Biblio, na contraportada dun xornal unha nova que dicía: "La ballena azul vuelve a Galicia" 
Parece ser que preto da Illa de Ons, así que tamñen o marcamos.


E para rematar a semana, marchamos coas novas mochilas, con cadanseu libro, disposto a ser disfrutado en compañía da familia. Felices lecturas!!!!

lunes, 18 de septiembre de 2017

O mapa de Galicia

Coa poesía express do pasado martes, descubrimos a Manuel María, que é o protagonista do mes de setembro no noso calendario. A poesía, como xa dixemos titulábase "Mapa de Galicia", con iso tivemos suficiente para traballar durante esta primeira semana.

Ata pronto!

jueves, 14 de septiembre de 2017

Primeiras actividades

Queredes saber en que andivemos ocupados estes primeiros días?

O martes, para non perder a tradición iniciada o ano pasado acudimos á BiblioBN para realizar a actividade de Poesía Express. Mª José leunos a poesía de Manuel María "Mapa de Galiza" e estes días estamos a aprender moitas cousas sobre o mapa que xa vos ensinaremos.
Para saber máis  clicka na seguinte imaxe:


Ademais estamos introducindo un novo xeito de traballar os BITS, axudándonos dunha aplicación chamada TINYTAP. O encargado do día é o que lle vai amosando os bits aos seus compañeiros no Ipad. Aquí podedes ver a Paula, pronto máis fotos de encargados pasando os bits. Máis info aquí.


Por hoxe suficiente, mañá máis 😍



martes, 12 de septiembre de 2017

Un primeiro día...cheo de sorpresas

O primeiro día estivo  cheo de emocións, tras os reencontros, as presentacións e demais rituais de volta á escola tiñamos unhas cantas sorpresas agardándonos.
Descubrimos o novo proxecto, prema na imaxe e así verás como nolo presentaron.




Ademais descubrimos o espazo fedelleiro, un novo espazo da BiblioBN que, por suposto, xa probamos ese mesmo día. Prema na imaxe para velo!


Como vedes foi un día intenso, e isto non fixo máis que comezar.


sábado, 9 de septiembre de 2017

BENVID@S A UN NOVO CURSO

Boas a tod@s!
Lembrade que o Luns día 11, ás 09:15 da mañá, comezamos a nosa Volta a Galicia en 284 días. 
Estades preparad@s?