viernes, 21 de diciembre de 2018

#somosdemonte: o Esquío


Así comezou a nosa investigación sobre os esquíos. Subimos a bibliobn na procura de información para o noso recuncho do proxecto. 


Fixemos diversas actividades relacionadas co esquío, e a continuación podedes ver unha mostra de grafomotricidade creativa relacionada co esquío:



Este é o resumo do que aprendemos:








jueves, 20 de diciembre de 2018

THE GINGERBREAD MAN

DURANTE ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS, NAS CLASES DE INGLÉS, KATRINA E OS NENOS E NENAS, ESTIVERON A TRABALLAR CUN LIBRO CHAMADO THE GINGERBREAD MAN, UNHA FÁBULA INGLESA TRADICIONALMENTE RELACIONADA COA FESTIVIDADE DO NADAL.



ADEMAIS DE LER O CONTO, VER O VÍDEO E ESCOITAR A CANCIÓN DE THE GINGERBREAD MAN, OS NENOS E NENAS APRENDERON VOCABULARIO XOGANDO CO ESCORNABOT, CUNHA NOVA PLANTILLA RELACIONADA CON ESTA HISTORIA.





POSTERIORMENTE, REALIZARON UNHA MANUALIDADE NA QUE TIÑAN QUE SELECCIONAR OS INGREDIENTES DA RECEITA E DECORAR O GINGERBREAD MAN.



POR ÚLTIMO, COMO COLOFÓN DESTA UNIDADE E SORPRESA DE NADAL, COCIÑARON NO FEDELLEIRO UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE XENXIBRE. OS MOLDES EMPREGADOS FABRICÁRONSE ESPECÍFICAMENTE PARA A OCASIÓN COA NOSA IMPRESORA 3D. OS DESEÑOS FORON TIRADOS DA PÁXINA THINGIVERSE.





A CADA ALUMNA E ALUMNO AGASALLÓUSELLE UN MOLDE REALIZADO NA IMPRESORA 3D QUE XUNTO COA RECEITA, LEVARON PARA CASA PARA QUE POIDADES VOLVER COCIÑAR OS GINGERBREAD MEN DE NOVO.



 Untitled from biblio BN on Vimeo.

ABRACADABRA,  ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

Guía de Nadal: Agasalla un conto




miércoles, 19 de diciembre de 2018

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: IZAN.

Esta semana tivemos un momento especial: Izan ensinounos e explicounos a súa plantilla de OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA. Contounos que en familia, elaboraron unha plantilla de animais baseada nun libro musical que a Izan lle encanta: “Cantos musicais”, de Susa Herrera.

Cada animal ten un número. Tiramos o dado e miramos que número nos saiu. Temos que chegar a el. Finalmente, escoitamos e analizamos a canción do animal ao que tivemos que chegar co escornabot. A partir deste momento a plantilla pasará a formar parte do recuncho das tic, xunto co libro de Susa Herrera.

Encantounos, mil grazas familia!





Libro dos nomes

Coñecemos o noso nome coa axuda das TICs. Coa aplicación HPReveal creamos un aurasma en cada un dos nomes do Libro dos Nomes. Para comprobar a quen pertence  só temos que pasar o ipad e deseguida teremos unha pista!




APRENDER A APRENDER, APRENDER A COMPARTIR, APRENDER A CONVIVIR.

Día a día, aprendemos a traballar mellor nos recunchos da aula. O máis importante é respetar as normas e aprender a compartir e convivir, axudándonos uns aos outros nas cousas que máis nos custan.



Ademáis, seguimos co traballo do esquema corporal, manipulando e experimentando con diferentes materiais e texturas.


martes, 18 de diciembre de 2018

#somosdemonte: o Porco Teixo

Ao longo do primeiro trimestre, investigamos sobre a fauna dos montes galegos. Na aula de 3 anos, os nenos elexiron investigar sobre o porco teixo, e a continuación deixámosvos o que aprenderon!





Mirade algúns dos debuxos do porco teixo que algúns nenos fixeron na PDI: 

A nosa inicial

No obradoiro TIC tamén traballamos co noso nome. 
Atopamos as nosas iniciais e imprimimolas na impresora 3D





domingo, 16 de diciembre de 2018

Música de refugallo

Esta semana, e para rematar o trimestre elaboramos un instrumento musical na clase de música que poñeremos a soar no festival de Nadal!

Así o fixemos!


Decoramos a caixa de queixiños con papel de seda. Colocamos o pao, e a corda coas boliñas. Cerramos a caixiña.


Con alquil (ou cola branca e auga) dámoslle un pequeno verniz.

E xa temos o noso tambor!



martes, 11 de diciembre de 2018

Aprendendo a aprender; aprendendo a pensar.


Cada día disfrutamos e compartimos máis experiencias nos recunchos. Cada día os nenos e nenas elixen o recuncho o que queren ir. Hoxe por equipos traballaron en arte, no recuncho das tic, repasaron as cores, os números e as cantidades no recuncho das construcións, e na zona de bandexas.

                                     


Ademáis, tal e como nos deixou encargado Celsa Ferrín, puxémonos mans a obra co experimento do ovo saltarín. Tiñamos tres elementos: un ovo, un bote de cristal e vinagre. Tiñamos que meter o ovo no bote, e cubrilo con vinagre, tapalo, e esperar 48h. Despois de facer isto, fixemos as nosas hipóteses: no seguinte vídeo podedes escoitalas:

                                         

Agora, só nos queda esperar a mércores para comprobar se son o unos certas!

jueves, 6 de diciembre de 2018

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: GAEL

Nesta ocasión foi Gael o que levou a mochila do escornabot a casa. No faladoiro explicounos que foron seus pais e súa irmá os que lle axudaron a facer a plantilla que pasará a formar parte do noso recuncho das TIC. 

O  primeiro que tivemos que facer foi tirar o dado, e mirar que número nos tocou, para saber ata que casilla tiñamos que chegar co escornabot. E tan só nos quedaba xogar! 

Grazas familia polo voso esforzo!