miércoles, 18 de diciembre de 2019

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA

A proposta de grafo creativa desta semana foi todo un reto para os nenos e nenas de 4 anos. Necesitábamos seguir tres pasos.
1. Tiñamos que facer o noso retrato. Logo pensar diferentes trazos para debuxar o noso pelo. Michael debuxou liña recta, camiño de círculos, zig-zag, camiño de raias...
2. Pintar: necesitábamos concentrarnos e pintar o espazo entre cada trazo, dunha cor diferente. Tiñamos que facelo con coidado e precisión.
 
3. Perfilar con rotulador: os trazos feitos previamente a lapis, tiñamos que repasalos con rotulador negro.

LORIEN CUMPLE 4 ANOS

Hoxe celebramos con Lorien o seu cuarto aniversario!!! PARABÉNS!

TALLER DE ABALORIOS: COLARES E PULSEIRAS

O último taller que fixeron os nenos e nenas de 4 anos consistía na elaboración de colares e pulseiras masáis, para os que empregamos recortes de goma de diferentes tamaños, formas e cores. Quedaron preciosos! Era o último paso que nos faltaba para ter completo o noso atuendo masai!

LUZ NEGRA

Esta semana coa profe Lara na sesión de Tics os nenos e nenas disfrutaron dunha actividade diferente, que nos inspirou tranquilidade, acougo, emoción, e sobre todo, diversión! Premede na imaxe:

martes, 17 de diciembre de 2019

TALLER DE CORTE E CONFECCIÓN: TÚNICAS MASÁIS

Antes do remate de trimestre queremos compartir con vós outro dos talleres que levamos a cabo na aula laranxa. Cada neno e nena elaborou a súa túnica masai para a festa masai de fin de trimestre; a continuación podedes ver un resumo de todo o proceso do taller:

domingo, 15 de diciembre de 2019

miércoles, 11 de diciembre de 2019

VII ATELIER CREATIVO: COSTURA

Esta semana inaguramos no Espazo Fedelleiro un novo Atelier coa lectura do conto "O Fío", de Gracia Iglesias. Preme na imaxe:

martes, 10 de diciembre de 2019

TALLER DE BARRO

Ao longo deste trimestre, a partir da información das familias fomos facendo talleres en pequeno grupo. Outro dos que fixemos foi un taller de barro, a partir do cal elaboramos unha casa masai, empregando palla, barro e, tratando en momentos, de simular o esterco que os masais empregan para construir a súa casa. Michael foi quen nos explicou que materiais debíamos empregar.

lunes, 9 de diciembre de 2019

ENCONTXOS BN: U-LA LÚA

A compañía "A xanela do Maxín" deleitounos coa teatralización do conto "U-la Lúa". Premede na imaxe:

Trala visita de Celtia, na aula tiñamos a misión de debuxar a Lúa, fixándonos nas súas características: ollos azuis, pelo branco, orellas puntiagudas... E así de ben quedaron os nosos debuxos:

INCREDIBOX

Premendo na imaxe podedes acceder ao blogue de TICS, onde descubriredes unha APP coa que podedes xogar cos ritmos e a música.

jueves, 5 de diciembre de 2019

TALLER DE MÁSCARAS AFRICANAS

Na aula laranxa levamos a cabo un taller de máscaras africanas, pois é en África onde vive a tribu masai que estamos a investigar. 
Lía preparou un taller para nós, partindo da obra de arte "LA JUNGLA" de Wilfredo Lam. Despois de analizar a obra, do cofre saíu unha máscara africana, a partir da cal Lía preguntou aos nenos e nenas da aula laranxa se querían elaborar a súa. E a partir de ahí puxémonos mans a obra!! A continuación podedes ver un resumo do que foi o desenvolvemento do taller:

miércoles, 4 de diciembre de 2019

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes de Coruña, onde viaxamos a diferentes casas do mundo a través da arte. Premede na imaxe se queredes máis información:

martes, 3 de diciembre de 2019

ENCONTXO POLA DIVERSIDADE: VISÍTANOS SARA ARAMBURU

Para celebrar o día da diversidade, tivemos o pracer de contar na escola coa visita de Sara Aramburu, escritora do conto "Darío", un neno con superpodes. Grazas Sara pola túa mensaxe nun día tan importante:
TÚ PUEDES!!!!

lunes, 2 de diciembre de 2019

TRABALLO POR RECUNCHOS

Cada día, intentamos facer na aula unha sesión de traballo por recunchos. Cada día da semana teñen que ir a un, de modo que ao longo de toda a semana pasen por todos: 

1. Recuncho TIC: onde traballan co escornabot, a tablet ou a PDI.
2. Recuncho da cociña.
3. Recuncho de puzles e plastilina.
4. Recuncho de manipulación: contan con materiais como area cinética, balanza...
5. Recuncho de arte: no que teñen cada semana un reto: o último, elaborar máscaras africanas con material de refugallo.

ENCONTRO BN: PECHE MES DA CIENCIA

O venres pechamos o mes da ciencia en Barrionovo. Jacob e Lara preparáronnos un experimento que nos deixou coa boca aberta: "Pódese ver a música?". Ademais, xunto coa profe Alba recordamos o experimento "Canto viven os plásticos?":

domingo, 1 de diciembre de 2019

DEAR SANTA! CHRISTMAS IS HERE!

A profe Katrina apareceu na aula laranxa coa bolsa de Santa Claus!! Ademais, presentounos un conto que aos pequenos e pequenas lles encantou:

viernes, 29 de noviembre de 2019

VENRES DE ENCURTAS: NON É NON

A encurta de hoxe era especial, moi especial!! Pois tiña como protagonistas a uns nenos e nenas que queren reivindicar que NON, É SEMPRE NON! Premede na imaxe para ver o precioso croma no que participaron @s cativ@s de BARRIONOVO:

Familias, se queredes gozar cos vosos fillos e fillas de contos relacionados con esta temática, podedes acudir a Biblio BN a por algunha das seguintes recomendacións: 

jueves, 28 de noviembre de 2019

ENCONTXO BABY POP

Unha visita especial tivemos hoxe na Biblio BN: a profe Irene contounos un conto co que quería compartir con nós unha boa noticia: 
GRAZAS IRENE, QUE ALEGRÍA NOS DEU VERTE!

miércoles, 27 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019

A choiva non puido coas ganas de festexar o Magosto en Barrionovo: xuntanza coas familias, talleres de elaboración dun tres en raia e dun colar de castañas, música e castañas quentiñas! Que bonita xornada pasamos:

martes, 26 de noviembre de 2019

lunes, 25 de noviembre de 2019

SOMOS ARQUITECT@S

Hoxe no Espazo Fedelleiro este equipo convertiuse en arquitect@s e decidiron construir unha estructura que implicaba precisión, coordinación e concentración! Como dicían: "MENUDA OBRA DE ARTE"! O máis bonito...conseguir retos xunt@s!

viernes, 22 de noviembre de 2019

DÍA DA MÚSICA

Hoxe celebramos o día da música na Biblio Bn... e canto desfrutamos coa profe Lara, a súa guitarra e a súa voz! Premede na imaxe para velo!

Ademais, esta semana tamén tivemos unha visita especial: Lydia Botana, que nos presentou a unha bolboreta á que lle gustaba viaxar por toooodo o mundo!

jueves, 21 de noviembre de 2019

ÁLVARO LEVA A MOCHILA DO ESCORNABOT A CASA

Chegou a primeira plantilla da mochila viaxeira do escornabot. Álvaro e a súa familia tiñan a misión de elaborar unha plantilla para xogar co escornabot no noso Recuncho TIC de aula, e canto nos gustou!!! Unha plantilla de bandeiras do mundo, que nos deu pé a analizalas, a ver as diferencias entre elas, e sobre todo, a aprender máis dos países representados por esas bandeiras; pois na parte de atrás das tarxetas, tiñamos información de cada país (nome, capital, moeda...). Moitas grazas polo voso traballo familia!

miércoles, 20 de noviembre de 2019

CLAVE DE SOL E CLAVE DE FA VISITAN GALICIA

As nosas amigas viaxeiras remataron a súa primeira parada en Galicia, onde descubrimos o noso folclore e algúns dos nosos instrumentos tradicionais. Para rematar a viaxe, fixemos un obradoiro de instrumentos con material de refugallo.

Mentres un grupo exploraba as posibilidades sonoras do "lixo", tras visualizar a curtametraxe "Basuria"; outros puxeronse mans á obra coas catañolas!




A profe Lara elaborou dúas actividades na APP Tiny Tap. Mediante un deles, os nenos e nenas achegáronse ao coñecemento de diferentes instrumentos de África, continente no que vive a tribu que estamos investigando, OS MASAIS!!

lunes, 18 de noviembre de 2019

TALLER DE CIENCIA

Os nenos e nenas da aula laranxa baixaron ao ESPAZO FEDELLEIRO para seguir celebrando e desfrutando do mes da ciencia. Alí, a través de 4 experimentos convertíronse en científic@s, formularon hipóteses e puideron comprobar se eran certas ou non. No seguinte vídeo podedes ver pequenos momentos desta sesión de ciencia. 

viernes, 15 de noviembre de 2019

TODAY IS MONDAY

Seguimos aprendendo cada vez máis vocabulario en english con Katrina e Katie a través de contos e cancións!

miércoles, 13 de noviembre de 2019

POESÍA-EXPRESS: EMOCIÓNAME

Este mércores, os nenos e nenas da aula laranxa, tiveron un papel moi importante na poesía-express desta semana. A partir do conto "EMOCIÓNAME", conversamos a cerca das emocións e sentimentos que nos provocan diferentes situacións. Este conto, fala da alegría, da desilusión, da tristeza, do placer, do amor, da ilusión... O que fixemos foi ler o conto fai xa uns días, e pensar, pensar que podiamos facer para expresar cada emoción. Unha vez que tiñamos a acción coa que queríamos expresar esa emoción, fixemos un casting. Os nenos e nenas debían converterse en actores e actrices e interpretar. Os demais compañeir@s, votarían quen ou quenes interpretaron mellor, e así iríamos facendo o reparto das estrofas do poema. E non o puideron facer mellor! Parabéns!!

NOVAS BANDEXAS NO RECUNCHO DE MANIPULACIÓN

Fai algún tempo que queríamos compartir un material que xa está ubicado no recuncho manipulativo. No noso cofre misterioso apareceron unhas espigas de millo. Cada neno/a colleu unha e debullouna. Falamos das diversas partes da mazorca, das diferentes cores que viamos nas mazorcas, escoitamos e analizamos a canción "Pan de millo" de Migallas.



No recuncho manipulativo os nenos e nenas tiñan que ir debullando, e clasificando o millo en dúas bandexas. Velaquí tedes o resultado.

martes, 12 de noviembre de 2019

LIBRO-OBXECTO COLECTIVO

Este luns a profe Aida presentou na BiblioBN a esposición do libro-obxecto colectivo e viaxeiro a prol do medio ambiente, que foi elaborado polo profesorado asistente á Xornada de Biblioteca Creativa "Comunicación e Cidadanía", nun taller a cargo do ilustrador Pablo Otero.

lunes, 11 de noviembre de 2019

ARTE CON CANICAS

Hoxe os nenos e nenas que foron ao recuncho de arte, puideron desfrutar e facer arte con canicas. Foi divertido descubrir que pasaba e descubrir as posibilidades dos materiais que se presentaron. A continuación tedes un momento do que foi o traballo nese recuncho:

viernes, 8 de noviembre de 2019

ENCONTXO CIENTÍFICO

Con novembro comezou o mes da ciencia, e dende a escola, onte fixemos un encontXo do que vos queremos facer partícipes. Coma sempre, se queredes máis información premede na imaxe.

jueves, 7 de noviembre de 2019

PARABÉNS PARA MAMADOU

Hoxe celebramos o aniversario de Mamadou, e o mellor regalo, a compañía e sorrisos dos seus compañeir@s!

martes, 5 de noviembre de 2019

VISITA A EXPOSICIÓN "Nuestro planeta"

Hoxe acudimos a Fundación Abanca pra ver unha exposición de fotografías baseada no filme "NUESTRO PLANETA".

domingo, 3 de noviembre de 2019

TALLER TIC

Un dos obxectivos do taller tic neste trimestre, e que os nenos e nenas se familiaricen co croma, e sexan capaces de manexalo de maneira autónoma na aula. Para iso, a profe Lara está dándonos estratexias para poder sacarlle o máximo partido a esta aplicación. Premede na seguinte imaxe se queredes ver como resultou a hora de TICs desta semana:

miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN

Hoxe celebramos o Samaín en Barrionovo. Primeiramente, acudimos ao CEIP Galán a ver a súa exposición de cabazas. Premede na imaxe para ver como foi a experiencia:

Unha vez que chegamos de volta á escola, puidemos desfrutar dunha poesía express terrorífica da man dunha bruxa que nos soaba moito... E ademais, puidemos desfrutar un xogo de medo moi, pero que moi divertido!! Premede na imaxe para ter máis información:

Que ben o pasamos! FELIZ SAMAÍN!!!!

domingo, 27 de octubre de 2019

COMEZA A NOSA INVESTIGACIÓN: OS MASÁIS.

Chegamos o pasado luns a aula e atopamos un misterioso cofre. O encargado dese día, Iker foi que descubreu o que nel había: un mapamundi e fotos de diferentes casas do mundo. Foi sacando de unha en unha, e ibamos facendo unha pequena descripción do que iamos vendo. Ademais, observamos características similares entre algunhas delas, polo que as fomos agrupando e clasificando segundo as súas características.



Unha vez que vimos, analizamos e fixemos unha lectura de imaxes, tiñamos que pechar os ollos uns segundos e pensar, pensar cal desas casas tan curiosas e diferentes a nosa, nos apetecía investigar. Pra deixar constancia do noso voto, cada neno e nena tiña unha cera, que debía colocar enriba da foto da casa da que desexaban saber máis.












Unha vez que fixemos o reconto de votos, vimos que decidiron estudar os MASÁIS! O seguinte paso era poñernos en contacto coas familias e pedirlles que nos axudasen na nosa investigación. Decidimos enviarlles unha nota na que os nenos e nenas participaron:





Unha vez que enviamos a nota ás familias, subimos a bibliobn en busca de libros informativos sobre os masáis, que pasaron a formar parte da nosa biblio de aula.




Tan só nos queda que os nenos e nenas vaian aportando as súas investigacións para poder dar comezo dun xeito significativo ao proxecto!