martes, 26 de abril de 2022

OS ANEIS DE SATURNO

Unha vez aprendido unha chea de cousas sobre o planeta Xúpiter nosa nave espacial chegou ao marabilloso planeta de Saturno. Estivemos a investigar sobre este planeta e descubrindo de que estaban formados os característicos aneis que o rodean.
 
 
 
 
 Unha vez analizada toda a información sobre Saturno, tivemos a sorte de que o rato Paco trouxéranos unha sorpresa. Tratábanse de rocas, rocas que forman os aneis de Saturno, que se atopaban conxeladas xa que neste planeta fai moito frío. 
 

 
Estivemos a pensar de que maneira podiamos desconxelar estas rocas. Algúns pensaron que a mellor idea era levalas ao planeta Venus, xa que é o máis caloroso, e outros que as levásemos ao sol pero por desgraza atopábanse moi lonxe de onde estábamos. Ata que se nos ocorreu a idea de usar a auga quente que usamos para lavarnos as mans.
 
 

 
 
 
 
Finalmente, levámonos unha parte de Saturno para as nosas casas! 😁
 
 
 

martes, 19 de abril de 2022

OS PODÓMETROS ENTRAN EN ACCIÓN

 Estes días estará connosco Tamara, que tras pasar pola aula rosa, realizará as súas prácticas do máster da UDC connosco. Estudará a partir de podómetros a actividade física da aula durante a xornada escolar. Quen será o neno ou nena que máis actvidade física fai? 💃