jueves, 23 de diciembre de 2021

GRAZAS!

Durante todo este primeiro trimestre tivemos a grande sorte de contar na aula con Paula, mestra de prácticas. Queremos agradecerlle o seu traballo, implicación, axuda e sobre todo o agarimo co que nos tratou durante todo este tempo.
Agardamos que che vaia fenomenal e xa sabes que en Barrionovo tes as portas abertas para cando queiras volver. 
Botarémoste moitísimo de menos. 
Querémoste Paula! 



lunes, 13 de diciembre de 2021

CAMIÑO SENSORIAL

Encantounos esta actividade que nos preparou a profe Paula hai uns días. Un camiño sensorial no que os pequen@s foron experimentando distintas texturas e sensacións cos seus pés.



miércoles, 1 de diciembre de 2021

PLANTAMOS CASTAÑAS

Hai uns días, aproveitando algunhas castañas que nos sobraron da festa do magosto, o ratiño Paco propúxonos un novo experimento: probar a plantar unha destas castañas. Para facelo deixounos no baúl da aula unha castaña, unha botella de plástico cortada á metade, terra, unha pa, unha regadeira e un cachiño de papel de cociña. 
O primeiro que fixemos foi empregar a pa para encher a botella coa terra, a continuación introducimos a castaña coa parte lisa para abaixo (previamente a castaña cortámoslle a puntiña para favorecer a xerminación). Unha vez feito isto, colocamos un cachiño de papel cubrindo a castaña e finalmente botamos un pouquiño de auga. 
Agora temos que estar moi atent@s para observar se comeza a xermolar un castiñeiro.