sábado, 24 de marzo de 2018

Última semana do trimestre con moitos acontecementos

Tivemos o encontro trimestral dos novos lugares favoritos de Galicia dos nenos e nenas de Barrionovo, clicade na imaxe para saber máis:

Conmemoramos o Día Mundial da Poesía, coa nova lona para usar co retoproxector:

Coñecimos máis da Música Galega, da man de Ana, mamá de Martín da aula de 5 anos, todo un pracer a súa visita na que aprendimos moitísimo e o pasamos de marabilla!!!



E para o último día quedaba outra sorpresa. Con motivo do Día do Teatro, que será o próximo martes 27 de marzo, visitamos o "Teatro del Andamio", para disfrutar da obra Carapuchiña no faiado, podedes ver as caras dos nen@s... disfrutaron ao máximo, riron, participaron e descubriron que os lobos non sempre son tan malos como os pintan... Premede na imaxe para ver máis




Boas vacacións!!!! A coller forza para a recta final 💪😄

jueves, 22 de marzo de 2018

Plano interactivo do noso horto

Fomos os encargados de iniciar este mapa interactivo (thinglink) no que iremos colgando todo o que temos plantado no horto. Aproveitamos que floreceron os tulipáns para iniciar a actividade...pronto moito máis.





domingo, 18 de marzo de 2018

Semana da prensa: xornais galegos

Estivemos toda a semana a traballar sobre os xornais que se fan en Galicia, vimos as versións en papel e máis en dixital. Tamén vimos as distintas seccións e buscamos a sección adicada a Galicia.
Logo, na PDI, puxemos o nome das provincias e localizamos no mapa onde se editaba cada xornal; despois fixémolo de xeito individual nun A3. Bo traballo nen@s!!



viernes, 9 de marzo de 2018

Saída ao Museo do Pobo Galego

O pasado mércores desprazámonos ata Santiago de Compostela para visitar o Museo do Pobo Galego, moitas cousas coñecidos e outras tantas novas!

Máis información clickando na imaxe, que vos redirirá ao blogue do cole.

jueves, 8 de marzo de 2018

8M: PIONEIRAS

Como saberedes levamos un tempo falando de mulleres Pioneiras galegas, que por distintos motivos fixeron historia, e nos coñecímolas grazas ao libro Pioneiras de Anaír Rodríguez.

Comezamos seleccionando a información que contén o libro e rexistrándoa na pantalla.


Logo, en equipos cooperativos, fixemos uns murais.



O mellor chegou ao final, gravamos un informativo, co resto de compañeiros. que hoxe presentamos.





lunes, 5 de marzo de 2018

Enxontxo: A xacia luviñas

Con motivo do Día Mundial da Natureza, tivemos un Encontxo na BiblioBN, no que Mª José nos contou esta fermosa historia, escrita por Anxo Moure. Preme na imaxe para ver máis.

sábado, 3 de marzo de 2018

Os tres porquiños

O conto dos tres porquiños...está moi visto, verdade? Pouco pode sorprender...Pero na BiblioBN o máis cotiá adquire emoción.
Clickade na imaxe para ver máis: