viernes, 21 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020

Hoxe celebramos o entroido en Barrionovo, e a aula de 4 anos convertiuse nun equipo de executivos e executivas, pero dos de verdade!! Ían guapísim@s!!

No seguinte vídeo poderedes ver como pasamos a mañá en Barrionovo, acompañado/as sempre das nosas familias:

martes, 18 de febrero de 2020

XOGANDO A INVENTAR... II

Fai uns días, os nenos e nenas de 4 anos convertíanse en ilustradores e tiñan a misión de inventar e debuxar un personaxe libremente, e por suposto, porlle un nome.

Posteriormente, na asamblea, tiñan inventar unha historia ou conto, no que foran aparecendo os diferentes personaxes, e este foi o resultado:

lunes, 17 de febrero de 2020

ARTE CON REFUGALLO

Nas clases de arte, coa profe Mayte, estivemos traballando a obra de Romuald Hazoumé, un artista africano, nado na República de Benín. Descubrimos que utiliza materiais de refugallo que vai atopando, e dalle unha nova visión ás máscaras tradicionais africanas (Kaeletes); ademais de converterse nun acto reivindicativo utilizando bidóns de petróleo nas súas creacións e denunciando as inxustizas:
-"Non hai ningunha rúa en Benín onde non se atope un bidón"
-"Devolvo o que lles pertence, o lixo da sociedade consumista que nos invade cotidianamente"


Os vidóns, botellas de plástico, cables, ... son a proba de tantas cousas que nós tiramos, e que outros recollen e aproveitan, por iso sumámonos a esta reivindicación elaborando as nosas propias máscaras con material de refugallo, que xeramos no propio cole e nas nosas casas, e comprometémonos a seguir loitando para salvar o planeta.



E...ISTO É ARTE!! Mirade o resultado final:


viernes, 14 de febrero de 2020

ENCONTROS BN: #MESTURARTE I

Ao longo do primeiro trimestre os nenos e nenas de Barrionovo viaxaron polo mundo para coñecer novas culturas: clicade na seguinte imaxe para poder ver o CROMA que fixo cada clase. BO TRABALLO!!!

ST. PATRICK´S DAY ACTIVITIES

Premede na imaxe para coñecer as cancións e xogos que están a facer nas sesións de inglés.

martes, 11 de febrero de 2020

lunes, 10 de febrero de 2020

TALLER INTERNIVEL: LAND ART

Premendo na seguinte imaxe podedes ver como traballaron os nenos e nenas no taller internivel coa profe Mayte:

miércoles, 5 de febrero de 2020

St. Patrick's Day

Preme na imaxe para ver que andan a argallar Katrina e Monkey nas sesións de inglés.

martes, 4 de febrero de 2020

ROBOTS NA GRAN CIDADE

Premendo na seguinte imaxe poderedes ver como transcurriu o TALLER TIC desta semana coa profe Lara:

lunes, 3 de febrero de 2020

XOGANDO A INVENTAR...

Na aula laranxa os nenos e nenas tiñan a misión de crear un personaxe: soñalo, inventarlle un nome, e debuxalo en papel. Con eses personaxes elaboramos un conto entre todos/as; a continuación presentámosvolos: