martes, 30 de abril de 2019

BROCHE FINAL AO MES DE ABRIL

Rematou o mes de Abril, e con el, varias saídas e encontros. Os nenos e nenas de Barrionovo visitaron o pasado mércores, a Casa das Ciencias: vimos unha película no planetario, obervamos e experimentamos nas diferentes salas, e ata puidemos asistir ao nacemento dun poliño. Mirade como foi a experiencia:



O xoves, tivemos un encontro de reforestación. Visitounos Armando e, ademais de agasallarnos co relato dun fermoso conto, tamén con dúas árbores para cada neno e nena: un carballo e un pradairo.


Ademais, fomos de excursión ao parque de Monticaño. Alí desenvolvemos unha actividade de reforestación: cada aula prantou unha árbore no parque. Como o tempo nolo permitiu, puidemos observar, xogar e ata merendar antes de volver ao cole. No seguinte vídeo podedes velo:

viernes, 12 de abril de 2019

As familias contan: Pai de Ainara Carril

Esta semana recibimos na bibliobn a visita de Toni, pai de Ainara Carril, que nos fixo unha lectura dun conto que os nenos e nenas non cansan de escoitar e que sempre deixa bo sabor de boca: "Corre corre, cabaciña", de Ed. Kalandraka.

Para agasallar a lectura, Ainara entregoulle un marcapáxinas da bibliobn feito coa impresora 3D.
Grazas, Toni!

miércoles, 10 de abril de 2019

Traballo de investigación: O picapeixe #somosdemonte

Na aula laranxa seguimos investigando a fauna dos ríos galegos. Michael preparou coa súa familia unha investigación sobre o picapeixe ou Martín Pescador. A continuación podedes ver un vídeo resumo sobre o traballo que preparamos entre tod@s, esperamos que o desfrutedes!

Ademais, fixándonos nas características desta ave, decoramos o noso propio picapeixe: detivémonos analizando as cores, a forma, as partes do corpo, a súa plumaxe...

lunes, 8 de abril de 2019

As familias contan: Avoa de Michael

Seguimos celebrando o mes do libro en Barrionovo. Hoxe recibimos unha visita especial. Isabel, a avoa de Michael acudiu a bibliobn a facernos desfrutar cun conto moi sonoro e con rima, que nos encantou: Amores de gato e rato, de Ed. Kalandraka.

Para agradecerlle a visita entregámoslle de agasallo un marcapáxinas feito na impresora 3D.

lunes, 1 de abril de 2019

Traballo De Investigación: As Bolboretas #somosdemonte

Seguimos co proxecto #somosdemonte. Estes días foi Noa quen preparou un traballo coa súa familia sobre as bolboretas: que son, que comen, onde viven, depredadores, curiosidades...

Recollemos toda a información nunha cartolina apoiada con imaxes, e entre todos, preparamos a seguinte presentación: 

De maneira paralela ao traballo de investigación, construimos unha fermosa bolboreta:



Recollemos tubos de cartón (do papel do baño) para reciclar. Pintámolos de cores para construir o corpo da nosa bolboreta.

Esperamos a que secaran, e finalmente pegámolos con pegamento. Só nos quedaba poñerlles as antenas, e moldealas cos dedos. Aquí podedes ver o resultado: