lunes, 27 de noviembre de 2017

Ada Lovelace

Seguindo a guía de lectura do 25N da BiblioBN hoxe coñecimos a Ada Lovelace, unha matemática que é considerada a primeira programadora da historia.






Aquí vos deixo un vídeo que vimos na clase, que nos axudou a coñecer máis a esta magnífica matemática.





domingo, 26 de noviembre de 2017

UNHA SEMANA CHEA DE COUSAS QUE CELEBRAR E QUE REIVINCAR

Por un lado celebramos o Día Internacional da música. Para este festexo os habitantes da aula laranxa fixeron no taller de linguaxe oral que teñen todos os luns con Aida un xogo para a app TinyTap sobre os instrumentos tradicionais galegos.



Ademais visitounos María, mamá de Artai, que trouxo varios instrumentos tradicionais, e sobre todo, POR FIN VIMOS UNHA GAITA DE VERDADE!!!



Prema na imaxe para ver máis:




E, como non podía ser doutro xeito, conmemoramos o Día contra a Violencia de xénero. Aproveitando a visita de María, foi ela a que lle puxo voz a un time-lapse, feito polos nenos, cubrindo o Mapa de Fontán con lazos morados.


 

Deixovos a canción orixinal, de Guadi Galego, digna de ser escoitada con atención:




Tamén tivemos un Encontro con Ana Hermida, que nos falou de mulleres importantes na historia de Galicia, clicka para ver máis:



E por último, a vosa colaboración: DÁNDOLLE UNHA VOLTA Á IGUALDADE EN FAMILIA

Saída á Praia de Sabón: Sea Change

O pasado martes fixemos unha saída á Praia de Sabón. Movímonos na zona intermareal vendo os animáis e algas que atopábamos e recollimos  lixo para despois convertilo en arte, dentro do Proxecto Sea Change, que nos propuxo un reto a través dunha mensaxe que chegou nunha  botella á escola.


Unha mañá estupenda!



E saímos no xornal!


viernes, 17 de noviembre de 2017

Plantamos tulipáns

Hai uns días Pablo levounos á horta da escola a plantar tulipán de diferentes cores.
Facíamos un buratiño, metiamos o bulbo, tapabamos con terra e por último, regábamos.
Agora toca esperar...




jueves, 16 de noviembre de 2017

DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

Hoxe tivemos un encontro para conmemorar o Día Mundial da Filosofía. Clicade na imaxe para saber máis.
Participamos na convocatoria #FilosofíaSI

"Filosofar requiere capacidad de asombro, el constante afán por cuestionarlo todo, un intenso interés por desvelar el misterio de cuanto nos rodea y la inquietud por descubrir todas sus potencialidades. Actitudes naturales en los niños y niñas que la Filosofía entiende como una forma de ser en el mundo…" (http://filosofiaparaninos.org/programa-filosofia-para-ninos/)

domingo, 12 de noviembre de 2017

Magosto 2017



O venres desfrutamos da festa do Magosto.
Comezamos cun Encontxo na BiblioBN, continuamos cuns xogos tradicionais e para rematar como nos podía ser doutro xeito...degustación de castañas!
Gracias pola colaboración cos cestiños, auténticas obras de arte!







jueves, 2 de noviembre de 2017

Semana do Samaín 2017. Quen dixo medo??

Ao longo desta semana estivemos festexando o Samaín con distintas actividades:

Seguindo a guía de lectura do Samaín da BiblioBN tiñamos unha misión, ler 5 libros de medo e completar o noso carné do Samaín, se o conseguiamos o martes levaríamos un agasallo para a casa. Que pensades??Conseguímolo ou non?? Máis información cickando na imaxe.



O luns fixemos unha receta terrorífica, a salchi-momia!!!! podedes ver todo o proceso premando na imaxe:





O martes, antes da nosa visita ao CEIP de GALÁN, a poesía express tamén foi de medo, cunha ambientación terrorífica, escoitamos a Mª José recitar un poema de María Canosa, incluído no libro dos medos. Prema na imaxe para ver máis.






Hoxe, xoves, tivemos uns invitados de honor, a familia de Artai. María a súa nai leunos o conto A casa enmeigada.Moitísimas gracias pola vosa colaboración.