viernes, 20 de diciembre de 2013

jueves, 19 de diciembre de 2013

VISITANOS O CARTEIRO REAL

Hoxe o  Carteiro Real pasou por Barrionovo a recoller as cartas que os nenos e nenas enviamos ás SS.MM. os Reis Magos de Oriente.
 Pinchade na imaxe. 

miércoles, 18 de diciembre de 2013

PESCANDO IDEAS: IKER

Na ultima viaxe do primeiro trimestre, Iker e a nasa trouxeron información sobre os peixes espada.


lunes, 16 de diciembre de 2013

PESCANDO IDEAS:VICTORIA

Surcando os 7 mares, Victoria trouxonos un peixe "escolarizado"  e unha fermosa poesía de Gloria Fuertes, "LOS PECES VAN A LA ESCUELA".







domingo, 15 de diciembre de 2013

Visitamos o Museo de Belas Artes

Esta semana recibimos un correo dende o Museo de Belas Artes da Coruña, coa descripción do cuadro "MARIÑA SURREALISTA" de URBANO LUGRIS. Asi foi como interpretamos a carta.







Cos nosos debuxos fixemos as etiquetas para a saida, e....listos para a nosa visita.

Pincha no cadro 




miércoles, 4 de diciembre de 2013

VISITAMOS A LONXA E A TORRE DE HERCULES

SEGUINDO COA NOSA VIAXE ÓS 7 MARES, FIXEMOS UNHA VISITA Á LONXA DE CORUÑA. PARA QUE NON NOS PILLARA DE SORPRESA...O LUNS TIVEMOS UN ENCONTRO NA BIBLIOBN, CON LUIS RODRIGUEZ, QUE TRABALLA ALI, E NOS CONTOU UN MONTON DE COUSAS. PINCHA NA IMAXE PARA VER O ENCONTRO.

DECORAMOS UNHAS ETIQUETAS CON MOITO PEIXE.....


E XA ESTAMOS LISTOS PARA A NOSA VIAXE



domingo, 1 de diciembre de 2013

CANTOS RODADOS

HAI UNS DIAS, A NOSA CAIXIÑA MÁXICA DEIXOUNOS UN LIBRO XIGANTE, CUN CD ""CANTOS RODADOS" DE MAMA CABRA. LEMOS E ESCOITAMOS O POEMA "CANTOS RODADOS" DE ANTONIO Gª TEIJEIRO, MUSICADO POR ESTE GRUPO.
DESPOIS DEBUXAMOS O NOSO BARQUIÑO E PEGAMOLO CO POEMA.


TAMEN TRAIA UNHAS NOTIÑAS PARA QUE AS NOSAS FAMILIAS NOS AXUDARAN A BUSCAR UN CANTO RODADO PARA FACER ARTE.

ESTAS SON AS NOSAS PRODUCIÓNS.



E PARA TERMINAR DECORAMOS OS CANTOS CON ROTUS PERMANENTES.







ENCONTXO MAREA NEGRA

O VENRES SUBIMOS Á BIBLIOBN PARA UN NOVO ENCONTXO. A PROFE AIDA, CONTOUNOS O CONTO "MAREA NEGRA", RECORDANDONOS O QUE OCORREU NO NOSO MAR, CANDO, HAI 11 ANOS, AFUNDIU O PRESTIGE.
PINCHADE IMAXE.  

martes, 26 de noviembre de 2013

CASILLEIROS RECICLADOS

NA NOSA TAREFA DE RECICLAR, DECORAMOS UNHAS BOTELLAS DE AUGA, CON ROTULADORES PERMANENTES DE CORES.


¡MIRADE QUE CHULOS NOS QUEDARON!


UNHAS ETIQUETAS COS NOSOS NOMES, E.....

!!VOILA!!


¡ XA TEMOS OS NOSOS CASILLEIROS PARA AS NOTAS ÁS FAMILIAS !


PESCANDO IDEAS: CARLA


A NASA CONTINUA PESCANDO POLOS  7  MARES, ESTA VEZ TRIPULADA POR CARLA.


TROUXONOS UNHAS FOCAS, E NOS CONTOU QUE ESTABAN A COMER PEIXES.




domingo, 24 de noviembre de 2013

OLLANDO O MAR

Visitamos o CCC de Arteixo para ver a exposicion de Dolores Figueroa e coñecer a Biblioteca.


Pincha na foto para ver a visita á Biblioteca







Estas son as nosas versións do cadro "Praia de Barrañan"






ollando o mar - presentacion imagenes
/>

jueves, 14 de noviembre de 2013

PESCANDO IDEAS: SARA

A nosa nasa comezou a singladura polos 7 mares.


Sara foi a encargada de iniciar esta viaxe. 







Trouxonos un barquiño de vela que seu avó lle fixo con madeira, e que ela decorou,...e un COFRE DE TESOUROS, cunha buguina, xoias, moedas, e un mapa para atopar outro tesouro.



jueves, 7 de noviembre de 2013

AS CORES DO MAR

O mércores visitamos a exposicion "As cores do mar" no CCC de Arteixo,  e tivemos un ENCONTRO con Manuel Nietto, o seu autor.



Encontxo con Xurxo e o Vello Mariñeiro

O martes, Xurxo, da clase de 4 anos, convidounos á BiblioBN. Ianos contar "El sueño del viejo marinero", un libro que él propuxo á biblioteca, botando a sua petición no BUZON DE SUXERENCIAS DA BIBLIOBN.

Pinchade na imaxe para velo.



XOGO A LER

Os venres, na nosa mochila laranxa levamos os cadernos e o libros escollidos para ler coas familias. No cole, escollemos o conto, e buscamos, no noso panel "reciclado con moita arte" a portada do libro escollido.
Despois, buscamos o número do libro, no noso rexistro de lectura, e marcámolo cun gomet.


O luns, compartimos o noso traballo cos compañeiros.


¡¡ FELICES LECTURAS !!

lunes, 4 de noviembre de 2013

Samaín

Para celebrar a festa do Samaín.....@s nen@s de 3 anos, trouxemos unas cabazas TERRORIFICAS!!!!


cabazas samain 2013 - presentacion imagenes

Na BiblioBN, tivemos un ENCONTXO CON 5 CABAZAS


Pincha na imaxe 


E para finalizar este ESPANTOSO acontecemento, visitamos a exposicion de cabazas do CEIP GALAN.


Pincha na imaxe.



domingo, 3 de noviembre de 2013

Visita ó Aquarium Finisterrae

Hay uns dias, @s nen@s de Barrionovo fixemos a nosa primeira saída, nada mais nin nada menos que ó Aquarium Finisterrae, na Coruña. A ocasión merecia unha boa preparación, polo que despois de facer unha breve viaxe virtual a traves do Google Maps, e ver a escultura de Jorge Peteiro que sinaliza o Aquarium, pintamos unhas tarxetas identificativas moi chulas.




Xa estabamos listos para ir!!Para ver a nosa visita pinchade na foto


jueves, 24 de octubre de 2013

Peixiño

A profe Aida, no seu taller de linguaxe oral, ensinounos unha canción de Mamá Cabra,....e con ela, fixemos un audiovisual, cos nosos debuxos e as nosas voces. Mirade que ben nos quedou, premendo na imaxe para velo.





Encontros do mes do outubro

Durante este mes de outubro, tivemos varias visitas de papás do cole, que nos viñeron a contar cousas sobre os seus traballos e aficions:


O papá de Xurxo, da aula rosa, contounos, coa sua zodiac, un dia de pesca nas Sisargas



Tamén veu o papá de Natalia, da aula azul, a contarnos o interesante e importante que é o seu traballo en Salvamento Marítimo.




E.....para preparar a nosa visita ó Aquarium Finisterrae, o papá de Adrián da aula azul, trouxonos un montón de tesouros e contounos moitas cousas dos animais mariños que imos visitar.