martes, 29 de abril de 2014

LAPICEIROS NOVOS


Reciclamos uns botes de café, cortando anaquiños de xornais e pegando con cola branca.


Decorámolos con rotuladores permanentes de cores


Xa están listos os lapiceiros para os lápices de cores

lunes, 28 de abril de 2014

PESCANDO IDEAS: DARIO

Darío trouxo na nasa con imaxes do fondo do mar


Ensinounolo na asamblea


E quixo compartilo con todos e todas





martes, 22 de abril de 2014

DIA DA TERRA

Hoxe non é un dia calquera, é o Día da Terra, e para celebralo lemos a historia dun barco que surcaba os 7 mares, para coidar o noso planeta.



Ademais de pensar que podemos facer nós, para coidar a Terra e os mares, debuxamos os nosos

"GUERREIROS DO ARCO DA VELLA"


miércoles, 16 de abril de 2014

Visita á exposición "O bodegón oculto"

Visitamos á exposición "O Bodegón oculto" na Fundacion Novacaixagalicia, donde, ademais de ver os cadros presentados por Don Limón e a sua amiga Dona Laranxa, fixemos un taller de coloreado de froitas.
Despois, merendamos, paseamos polos Xardíns de Méndez Nuñez, merendamos e xogamos no parque.



miércoles, 9 de abril de 2014

ARTE COMESTIBLE

Nesta semana na que celebramos o Dia Internacional da Saúde, coñecemos a Carl Warner,o artista dos paisaxes comestibles.


E ésta é a nosa particular versión "marítimo-comestible"



lunes, 7 de abril de 2014

PESCANDO IDEAS: ADRIAN S.

Adrián Santos trouxo na nasa un barco e uns peixiños "que eran os nenos e nenas do Barrio Laranxa" 

Tamén traía unha carta escrita, na que nos contaba que lle gustaba surcar os 7 mares cos seus compañeiros, aprendendo que todos somos diferentes.



FELICIDADES DAVID!!!!


domingo, 6 de abril de 2014

PESCANDO IDEAS: XOEL

Xoel trouxo na nasa un peixe paiaso.


Explicounos que vivía escondido nunhas anémonas e comía mexillóns e langostinos,...¡Qué envexa!

Tamén nos contou que un peixe paiaso chamado Nemo, era o protagonista dunha película de debuxos animados que lle gustaba moito.

Para rematar, trouxonos un mural do conto "Boda no mar", cos peixes que saían: peixe damisela, peixe globo, anguila,....




Somos xornalistas

A semana pasada, o Concello convidounos á inauguración do novo parque de Pastoriza. 


Lemos a noticia publicada nos distintos xornais, pero ninguén mellor que nós para contar o que nos pareceu, e o que máis nos gustou.

jueves, 3 de abril de 2014

O TEMPO DE MARZO

O comezo do mes de marzo, nas rutinas introducimos un calendario no que cada dia iamos colocando unhas pegatinas do tempo atmosférico.

Rodeamos con cores diferentes os dias soleados, os chuviosos, e o nubrados.


E imos escribindo os números nunha taboa na pizarra.