miércoles, 26 de febrero de 2014

RECOLLEMOS CENORIAS DO NOSO HORTO

MANDADIÑOS DO MÉRCORES

O mandadiño de hoxe pedía algo que puidera flotar.


.....pero....non tiñamos moi claro que era iso.

Despois de pensar, chegamos á conclusión que flotar era non afondar, e decidimos probar se as nosas cousas flotaban ou afundían.

Tiramos unha moeda, unha pedra e unha cuncha, e vimos que quedaban no fondo... e fomos botando os nosos patiños, peixiños, barcos, corchos, manguitos e tartarugas...


E.....¡¡ TODO FLOTABA!! MISIÓN CUMPRIDA

Ainda que despois nos xurdiu outra duda, que era o que Rosa levaba...que tamen flotaba.


Explicounos que era unha baliza de sinalización ou coreana, que utilizan os pescadores para saber ónde esta o aparello e as redes cando están pescando no mar.
GRACIAS ROSA!!



lunes, 24 de febrero de 2014

martes, 18 de febrero de 2014

COÑECEMOS O NOMES DOS NOSOS COMPAÑEIROS DE EQUIPO

Como xa recoñecemos e case escribimos o noso nome, toca empezar a coñecer os dos nosos compañeiros e compañeiras de equipo.

Fixamonos  nas etiquetas, e buscámolos na táboa da pizarra, coloreando os cadros da cor correspondente.


...agora toca pasa-lo ó papel



escribimos o nome por detras....e LISTO.



E se nos equivocamos, tachamos para recoñecer os erros e aprender.   


lunes, 17 de febrero de 2014

PESCANDO IDEAS: UNAI

A nasa viaxou con Unai e pescou unhas estrelas e uns polbos reciclados.




Tamen nos contou unha información moi interesante sobre os polbos: que son moluscos, teñen 8 brazos, que comen peixes pequeniños e cómo os podemos pescar cunha nasa.


E ademais, deixounos unha mensaxe moi importante.



Con todo o noso AMOR

Con algun día de retraso, hoxe celebramos o día dos Namorados, completando unha fermosa poesia.

 Despois de ler o poema, fomos completando na pizarra

...e tamen nas nosas fichas.

Repasamos con rotuladores as letras e o titulo, e coloreamos.



¡QUEDARON PRECIOSAS!





PESCANDO IDEAS: YASMIN

Yasmin trouxo na nasa, un xogo de pescar peixes de cores.



Ensinounos que se pesca coa caña, que ten un anzuelo, onde se coloca o cebo para que queden presos os peixes.










O noso "TESELADO DE ESCHER"

Estes dias estivemos a traballar con  este  TESELADO de peixes  de M.C. Escher.



Coloreamos con ceras os nosos peixes.....



 ....para facer o noso STOPMOTION no taller TIC, con Aida, e este é o resultado.


Pincha para ver o STOPMOTION

Pincha para ver COMO O FIXEMOS




miércoles, 5 de febrero de 2014

PESCANDO IDEAS: ANTÍA

Antía trouxo na nasa unha botella cunha mensaxe moi importante



¡¡¡¡  AXUDAME A COIDAR O NOSO MAR !!!!


Tamén nos traía unha poesia que inventou coa sua nai, e unhas cunchas de mexilóns e berberechos.


TRABALLAMOS CON NOTICIAS

A fin de semana pasada unha noticia do noso mar, nos deixaba abraiados. "Olas xigantes destrozan as nosas costas"
Non foi dificil atopar nos xornais estas novas, asi que seleccionamos a seguinte:

Lemos a noticia, e descubrimos que se rexistraran olas de 8 metros, decidimos que para coñecer a sua altura que eran tiñamos que medir, asi que fomos colocando metros de papel no chan, ata que tivemos 8. 
E despois, nos fomos colocando uns pegados a outros, para ver canto mais altas ca nos eran.
RESULTADO: as olas eran 8 veces máis altos que nos.



Despois , as profes deronnos unha etiqueta e a foto para pegar no noso xornal "A VOZ DO MAR".






lunes, 3 de febrero de 2014

MENSAXE PARA XOGAR A LER!

OS NENOS E NENOS DA AULA LARANXA, PEDIMOS ÁS NOSAS FAMILIAS, QUE NOS DEIXEDES FACER OS DEBUXOS DE "XOGAR A LER". AGRADECÉMOSVOS QUE NOS LEADES OS CONTOS QUE LEVAMOS OS VENRES PARA A CASA, PERO QUEREMOS QUE NOS DEIXEDES FACER A NOS OS DEBUXOS, E ESCRIBIR O TITULO DOS CONTOS. 

VOS DEBUXADES MOI BEN, 
PERO NOS TAMEN QUEREMOS APRENDER,
E PARA ISO NECESITAMOS 

INTENTALO


LECTURAS DE PAZ-CIENCIA

A SEMANA PASADA ATOPAMOS UN SOBRE MISTERIOSO SOBRE O BAUL, QUE NOS INVITABA A LER CON PAZ-CIENCIA NA BIBLIOBN.

DESPOIS DE LER AS INSTRUCIONS, TODOS OS DIAS, SUBIMOS CO NOSO CARNET E COLLEMOS UN LIBRO DA GUIA DE LECTURA "Ler ciencia na biblioteca escolar".


ESTES FORON OS LIBROS QUE LEMOS:


E DESPOIS....FOMOS SELANDO O NOSO CARNET


ATA COMPLETALO




HOXE RECIBIMOS UN EMAIL NO QUE A BIBLIOBN NOS INVITABA A SUBIR E ENTREGALO.

PARA VER O QUE PASOU PINCHADE NA IMAXE.