viernes, 30 de noviembre de 2018

POSTAIS SOLIDARIAS

Como vimos facendo nos últimos anos, colaboramos co Centro Comercial Aberto de Arteixo na súa campaña por UN NADAL SOLIDARIO.
 Nela participamos os centro educativos e veciños, decorando postais que se expoñerán nos comercios para que o público e as familias as recollan a cambio de alimentos non perecedoiros. Ademáis por cada postal recollida Arteixo CCA donará 0,15 € a Cáritas para a compra de alimentos frescos.

Como este ano estamos co proxecto #somosdemonte, a decoración das nosas postais a fixemos cun elemento natural moi noso: unha rama de piñerio, e con papeis troquelados.

O primerio que fixemos foi
pintar o fondo da postal utilizando a rama do piñeiro como un pincel.


Despois, troquelamos distintos papeis para decorar o noso fondo.

E por último, pegamos libremente os troquelados polo fondo.

THE HAUNTED HOUSE

Despois de pasar un Samaín de medo e de facer un EncontXo de teatro de sombras baseado nun libro titulado "THE HAUNTED HOUSE", no taller de arte fixemos a nosa interpretación das ilustracións do conto.

Así, entre todos os nenos e nenas do centro elaboramos as nosas propias ilustracións dándolle volta ás sobras e aos cores.

Aos nenos e nenas da clase laranxa tocounos facer a portada do conto. Comezamos observando a portada real, contando os persoanxes que saían nela, describindo cómo eran...

Despois colocamos os personaxes que tiñamos impresos coa impresodra 3D e fixemos as nosas pantasmas con ollos móviles e rotuladores.

Por último pintamos por riba das plantillas con axuda de rolos.

jueves, 29 de noviembre de 2018

lunes, 26 de noviembre de 2018

Crecepelo: experimento mes da ciencia.

Na aula de 3 anos seguimos observando día a día o noso experimento. Mirade que cambio en tan só 7 días:



Por parellas, puxéronlles as partes da cara con distintos materiais e puxéronse de acordo para poñerlle un nome aos novos compañeir@s do recuncho #somosdemonte; presentámosvos a Chocolita, Francisco, Ñañá, Ana, Tula; uns un pouco calvos...outros máis peludos... Seguramente se o pelo segue crecendo así de rápido, necesitarán pronto un bo corte...




 Atentos, porque vos seguiremos mostrando os cambios, e compartirémolos con vós!









viernes, 23 de noviembre de 2018

DÍA DA MÚSICA

En Barrionovo celebramos o día da música; pinchade na imaxe se queredes ver que ben o pasamos.



jueves, 22 de noviembre de 2018

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: AINARA CARRIL

A primeira en levar a mochila do escornabot foi Ainara Carril.

Primeiramente contounos como fixeron a plantilla: foi seu irmán Pablo quen a axudou, ademais de seus pais. Dixo que o pasaran en grande.



Esta é a plantilla que fixo Ainara coa súa familia, que pasará a formar parte do noso recuncho das TIC. 

E como podemos xogar con ela? Ainara explicounos que o primeiro que temos que facer é coller unha carta, e pedir axuda para lela. Cando sepamos o que pon, poñemos o escornabot na saída, e temos que chegar con el ata o elemento de outono que nos tocou na carta. 
Moitas grazas familia!



jueves, 15 de noviembre de 2018

FESTEXAMOS O MAGOSTO.

Nesta semana, celebramos o magosto, acompañados das familias dos nosos nenos e nenas. Pasámolo moi ben, moitas grazas por vir, familias!

Premede na imaxe se queredes ver un resumo do que foi a celebración:




Coas mans na terra.

Con motivo do mes da ciencia, na aula de 3 anos comezamos a preparar o noso experimento. Como comezou? Cunhas mesas e unha bolsa de terra, ao carón do noso horto...

O primeiro que fixemos foi tocar a terra, ver se era branda, dura, fría, quente, suave, rugosa... ademais, estábamos moi atentos haber se atopábamos algunha pedriña.



Logo, xogamos con ela; fixemos castelos, montes, coches..



Despois, collemos  cada un unha media, e enchémola de terra. 



Finalmente, cada neno colleu unhas poucas sementes, mezclounas coa terra..


E este foi o resultado: 


Que pasará? Que pensades que vai a ser o noso experiemento? Pronto saberedes algo!

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Alexia cumpre 3 anos!

No día de hoxe, celebramos o aniversario de Alexia...xa 3 anos! Rimos, cantamos e desfrutamos na aula laranxa. Parabéns Alexia!


martes, 13 de noviembre de 2018

SNOW



CHEGOU O FRÍO E, COMO NON, FÍXOO TAMÉN NA CLASE DE INGLÉS.

CÓNTANOS KATRINA QUE DURANTE ESTA SEMANA DA SÚA BOLSA MÁXICA SAIU UN CONTO TITULADO “SNOW” DE SAM USHER QUE APROVEITARON PARA TRABALLAR AS PRENDAS DE VESTIR MÁIS QUENTIÑAS (HAT, SCARF, MITTENS, SHOES) ADEMAIS DOUTRO VOCABULARIO ENMARCADO DENTRO DAS RUTINAS DIARIAS (WASH, DRESS, PUT ON, TAKE OFF) E O TEMPO ATMOSFÉRICO (HOT, COLD).



AS NENAS E NENOS XOGARON A VESTIR E DESVESTIR A MONKEY, QUEN PASOU MOITO FRÍO ESTES DÍAS, E DISFRAZÁRONSE SEGUINDO AS ORDES EN INGLÉS DAS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.



TAMÉN ESCOITARON E REPRESENTARON A CANCIÓN “I’M A LITTLE SNOWMAN”, E XOGARON CO ESCORNABOT CUNHA NOVA PLANTILLA BASEADA NO VOCABULARIO A TRABALLAR.


ABRACADABRA,  ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

lunes, 12 de noviembre de 2018

A AULA LARANXA VAI DE EXCURSIÓN.

A semana pasada foi unha semana onde tivemos actividades moi especiais.

O martes, a profe Lara, achegóunos á poesía da man do libro ilustrado "Poemas con canela":



O mércores fixémos unha saída a Coruña a ///Afundación; se pinchades na seguinte imaxe, podedes ver que ben o pasamos!



O venres, disfrutamos da enCURTA "Llévame contigo".http://bibliobn.blogspot.com/2018/11/venres-de-encurtas-llevame-contigo.html






jueves, 8 de noviembre de 2018

Mamadou cumpre 3 anos!

No día de hoxe celebramos o aniversario de Mamadou. Os seus amigos axudáronlle a soprar as velas e fixéronlle un agasallo con moito cariño! Parabéns!!


martes, 6 de noviembre de 2018

TinyTap: O monstro Orquestra


Neste xogo do Tinytap podemos descubrir os instrumentos da canción "Monstro Orquestra" e como soan. Ademais ao final descubriremos os monstros musicais que construiron o alumnado do centro na semana do Samain


THE HAUNTED HOUSE

SEGUINDO COA TEMÁTICA DE HALLOWEEN, CÓNTANOS KATRINA QUE, NAS CLASES DE INGLÉS, TRABALLARON ESTA TRADICIÓN CUN CONTO CHAMADO THE HAUNTED HOUSE.

Resultado de imaxes para the haunted house kazuno kohara

A TRAVÉS DESTE CONTO APRENDERON VOCABULARIO RELACIONADO COA CELEBRACIÓN (GHOST, WITCH, CAT).

TAMÉN XOGARON CO ESCORNABOT.




E ELABORARON TERRORÍFICAS PANTASMAS.






POR ÚLTIMO ESCOITARON UNHA ESPELUZNANTE CANCIÓN, TOO SPOOKY FOR ME.





ABRACADABRA,  ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

Encontro BN

Comezou Novembro, e con él o mes da ciencia. Onte puidemos desfrutar na escola dun encontro moi especial...

Clicade na imaxe para velo!