domingo, 29 de octubre de 2017

Aniversario de DANIELA

O pasado venres celebramos o aniversqario de Daniela, que en realidade é hoxe. Parabéns Daniela, esperamos que esteas pasando un día estupendo.



miércoles, 25 de octubre de 2017

Día das Bibliotecas

O martes 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas escolares.
Aquí vos deixamos os vídeos que elaboramos para conmemorar este día tan importante.
 Moitas gracias ás familias que colaboraron con nós.


lunes, 23 de octubre de 2017

Unhas escaleiras cheas de información

Estes días estamos ampliando a información que temos colgada ao longo das escaleiras.
O primeiro día de cole vimos que había uns cadros colgados que se referían a distintos temas que traballaríamos ao longo do proxecto. Pouco a pouco imos engadindo persoeiros, acontecementos, obxectos...que imos traballando.

Primeiro escribimos unha etiqueta co que queremos poñer nas escaleira. Logo procuramos en internet unha imaxe para acompañar á etiqueta.




Unha vez que temos as fotos impresas e as etiquetas soamente nos queda ir ás escaleiras e colocar cada unha na súa categoría correspondente 👌


martes, 17 de octubre de 2017

TRISTE NOTICIA

Que mágoa nos está dando falar desta noticia...pero é imposible nestes días non falar dos incendios que están tendo lugar en Galicia.

Esta información está moi relacionada co noso proxecto e tamén con Voz Natura.




lunes, 16 de octubre de 2017

ÚLTIMOS ACONTECEMENTOS

Nos últimos días aconteceron unha morea de cousas en Barrionovo, aquí vos deixamos algunhas:

Na poesía express coñecimos o himno de Galicia e algún dos instrumentos tradicionais galegos. Preme na imaxe para saber máis

Descargamos a app Nonpiques-non peques para coñecer os mariscos e peixes galegos.

Co millo recollido no noso horto fixemos, coa axuda de Pablo, flocos de millo. Clicka na imaxe para ver máis:

O mércores, saíu a primeira carta para que nos axudedes a coñecer os vosos lugares favoritos de Galicia, Ainara Souto foi a primeira en levala.

Por últimos, lembrámosvos que este xoves faremos a primeira saída do curso, visitaremos a exposición A Arte no Cómic en Afundación.


lunes, 9 de octubre de 2017

Moitos-Poucos

Seguimos a avanzar na lóxica-matemática a través do ABN.
Hoxe despois de facer as nosas rutinas fixemos unha actividade de distinción entre moitos e poucos, comparando entre dous pratos con diferentes cantidades de fichas, na práctica saíunos moi ben 👌



Logo, para pasalo ao papel, empregamos uns debuxos duns botes, un debíamolo encher con moitos gomets e outro con poucos gomets.


Por último aproveitando que estes días estamos vendo catálogos de supermercados fixándonos en aqueles que levan algún símbolo de Galicia (o que quere dicir que son productos galegos) debíamos encher un cesto da compra con moitos productos e outro cesto con poucos. Mañán tocaranos analizar que mercou cada nen@ 😉