lunes, 22 de noviembre de 2021

ATELIER: MES DA CIENCIA

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares e, o venres pasado, os nenos e nenas da aula laranxa desfrutamos dos experimentos preparados no atelier do espazo fedelleiro. Estes estaban todos relacionados co tema do noso proxecto #barrionautasEastronovos. Desfrutamos moitísimo.

   





martes, 16 de noviembre de 2021

XOGAMOS NO PATIO

No recreo danos tempo a facer un montón de actividades, incluso varrer a area que nos cae cando xogamos no areeiro. Encántanos empregar as escobas e recolledor.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos nosos momentos de xogo. 



lunes, 15 de noviembre de 2021

INVESTIGAMOS: A LÚA

 Na aula laranxa estamos aprendendo moito en relación co sistema solar e, nestes días, andamos investigando cousiñas sobre a lúa. 

Para saber como é a súa superficie, a nosa mascota de aula, o rato Paco, propúxonos o seguinte experimento. 

-Primeiro botamos nunha bandexa grande 8 vasos de fariña. 


-A continuación, engadimos 1 vaso de aceite de bebés e mesturamos todo coas mans. 


-Unha vez que temos lista a nosa area lunar, probamos a facer cráteres lanzando canicas e tamén experimentamos a sensación de poñer un pé na lúa e ver a nosa pegada. 


-Agora temos no noso recuncho de experimentación esta area lunar e diferentes xoguetes relacionados co espacio. 


viernes, 12 de noviembre de 2021

PRÉSTAMO SEMANAL

Os nenos e nenas da aula laranxa estamos súper emocionados de estrenar a actividade do préstamo semanal e poder levar contos da biblioBN para as nosas casas. 

Barri, a nosa mascota da aula, explicounos que para poder participar nesta actividade temos que coidar moitísimo dos seus contos: pasar as follas con coidado, ter as mans limpiñas, non pintar neles... 

Como nesta clase somos moi responsables e queremos moito a Barri ímolo facer fenomenal. 

Familias, aquí tedes as normas xerais do préstamo e na primeira páxina da libreta podedes atopar unhas indicacións máis específicas. 


Deixade que sexan os vosos fill@s os que "escriban" e debuxen. Non vos preocupedes polo resultado o importante é que eles sexan @s protagonistas! 

jueves, 4 de noviembre de 2021

TEMPO DE PATIO

A semana pasada algúns nenos e nenas da aula laranxa sorprendéronnos no patio facendo a súa propia creación artística con elementos de xogo non estruturados.