lunes, 28 de marzo de 2022

PARABÉNS LEO!!!

Hoxe celebramos o aniversario de Leo, que aínda que foi o sábado pasado non foi escusa para non poder celebralo ao grande!

 


domingo, 27 de marzo de 2022

SEMANA DA POESÍA

Esta semana celebramos o día da poesía, para iso a profe Aida leunos un poema do libro "Poeta eres tú". A medida que se ía lendo o poema, ían aparecendo nomes de diferentes poetas recoñecidos na lousa magnética. Ata que chegou un momento dado que se completou enteira. 
 
 

 
Unha vez escoitado este marabilloso poema decidimos que queriamos pintar os nomes a partir das tarxetas magnéticas e non só iso senón que tamén queriamos crear os nosos propios. Meu dito meu feito!
 

jueves, 24 de marzo de 2022

A GRAN MANCHA VERMELLA DE XÚPITER

Despois de visitar Marte, a nosa nave espacial ha aterrado en Xúpiter. Primeiro estivemos a investigar e recollendo información deste gran planeta, que se caracteriza fundamentalmente por ser o máis grande do sistema solar. Ademais descubrimos que neste planeta hai unha gran mancha vermella, que está chea de tormentas e que é case tan grande como o tamaño da terra. 

 

  

Unha vez que estivemos a visualizar as diferentes curiosidades deste planeta, propuxémonos recrear un tornado da gran mancha vermella. Para iso, tiñamos na asemblea dúas botellas, unha con auga, e dous tapóns furados. Como seriamos capaces de recrear o devandito tornado con estes obxectos?

Estivemos a pensar, e decidimos poñer os tapóns as dúas botellas. Despois démoslles a volta, pero non pasaba nada. Que estaría a fallar? 

Volvemos pensar e descubrimos que para que haxa un tornado debe de haber moito vento, polo que tentamos recrear o vento en movementos circulares coas botellas e..... TACHÁN!! tiñamos un gran tornado creado por nós no cole!!!



martes, 15 de marzo de 2022

VISITA SORPRESA DA PRIMEIRA MULLER ASTRONAUTA!

 A semana pasada mentres estabamos na clase visitounos por sorpresa ValentinaTereshkova, a primeira muller astronauta. Na súa visita contounos historias alucinantes do espazo, como tamén nos deu a coñecer a outras mulleres que como ela fixeron historia no mundo espacial. Ademais leunos unha poesía alucinante. 

 

Tamén dicir que nun momento de descoido aproveitamos para subirnos rapidamente á súa fabulosa nave espacial, desgraciadamente quedamos no planeta terra xa que non tiña combustible 😭




 Para rematar estivemos a traballar algunhas das letras que formaban o seu marabilloso nome, que pouco nos custou porque xa nos resultaba algo familiar na clase 😎


 

Para máis información de outras actividades relacionadas coa semana da muller podedes visitar a web da biblioteca pulsando na seguinte imaxe.