jueves, 31 de enero de 2019

Novo recuncho de traballo

Esta semana inaguramos na aula unha nova zona: o recuncho de manipulación. Pouco a pouco imos aproximando aos nenos e nenas a novos conceptos lóxico-matemáticos, manipulando e experimentando con materiais diversos.

O obxectivo desde recuncho é que os nenos aprendan xogando dunha maneira lúdica onde poden traballar de maneira individual ou en parellas, según o desexen ou necesiten.



miércoles, 30 de enero de 2019

Día da Ilustración

Para este día, aniversario do nacemento de Castelao, entramos grazas ao croma nunha das súas ilustracións, extraídas do libro "Cousas da Vida. Animais" da ED. Galaxia.

Premede na imaxe para velo!




30 de Xaneiro: celebramos o Día da Paz

Hoxe foi un día moi especial en Barrionovo: no fedelleiro esperábanos un encontxo cheo de sorpresas: un conto cuns protagonistas moi diferentes, que nos fixo reflexionar e pensar sobre a aceptación das diferenzas, sobre a convivencia, sobre o diálogo, sobre a capacidade de empatizar, comprender e respetar aos demais... E isto non era todo; pois no patio exterior da nosa escola, inaguramos un novo espazo!
Clicando na imaxe poderedes ver detalladamente como celebramos este dia tan sinalado e importante día!




GUÍA DA PAZ PARA FALAR E ESCOITAR:


lunes, 28 de enero de 2019

#somosdemonte

Todo comezaba o pasado venres. Coa chegada do novo trimestre, tiña lugar unha sorpresa no noso Espazo Fedelleiro (Encontxo forestal: http://bibliobn.blogspot.com/2019/01/encontxo-forestal.html). A porta estaba pechada, as luces apagadas...e no centro, unha fermosa instalación:
A partir dela todos os nenos e nenas de Barrionovo tiñan que reflexionar sobre os beneficios dos bosques e a necesidade de sostenibilidade dos mesmos, así como reflexionar acerca das dúas palabras que aparecían na instalación: FORESTAL e DEFORESTACIÓN.

O primeiro que fixemos, foi subir a bibiobn para buscar no dicionario o significado desa palabra: deforestación.


Unha vez que soubemos o que significaba, buscamos en internet imaxes a partir da palabra deforestación. Logo, baixamos a aula fixándonos nas fotografías de Chema Madoz que decoran o noso cole, pois unha delas estaba moi relacionada coa deforestación.


Foi doado atopala para os nenos e nenas. Ademais, xa os amigos e amigas de 4 e 5 anos nos deixaron unha pista: a palabra escrita debaixo. 

Finalmente, na aula reflexionamos co conto "Historia de un árbol", que relata a historia de unha árbore que se convirte nun armario despois dun longo proceso. Xurdiron dúbidas: como fixo a árbore para convertirse en armario? Seguiremos pescudando...









domingo, 27 de enero de 2019

ENCONTRO: MAR BENEGAS

Remata esta semana e con ela un encontro moi especial: a visita de Mar Benegas. A escritora acudiu a Barrionovo para sumerxirnos en diferentes e divertidas historias escritas por ela. Se premedes na imaxe poderedes ver como foi a experiencia.


viernes, 25 de enero de 2019

ARTISTADAS

Rematamos este venres cunha creación libre. Os nenos e nenas tiñan a misión de convertirse en artistas e debuxar ou pintar ao ritmo da música, así traballamos conceptos rápido-lento, dunha manera vivencial. Crearon auténticas obras de arte!



SILLY SALLY

CÓNTANOS KATRINA QUE DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS, NAS SESIÓNS DE INGLÉS, OS NENOS E NENAS ESTIVERON A TRABALLAR CO CONTO SILLY SALLY.


TODO XURDIU A RAIZ DUNHA PROPOSTA DE POESÍA EXPRESS ESCORNABÓTICA QUE KATRINA LEVOU A CABO UN MARTES NA BIBLIO BN. PODÉDELA VER PREMENDO AQUÍ.

ASÍ, OS NENOS E NENAS LERON O CONTO, E PRACTICARON A CANCIÓN QUE DRAMATIZARÍAN DESPOIS CON MÁSCARAS CREADAS POR SÍ MESM@S.


O VOCABULARIO A TRABALLAR ESTIVO RELACIONADO CON ANIMAIS E ACCIÓNS, ALGO QUE SERÁ A TÓNICA DOS VINDEIROS CONTOS. ESTADE ATENT@S!


ABRACADABRA,  ABRACADI,

MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

jueves, 24 de enero de 2019

Saboreando...kiwis

Na aula de 3 anos apareceu á volta do recreo unha bandexa con unha froita que moitos coñecían: o kiwi. 
O encargado do día repartiu un prato, un coitelo e unha culler a cada nen@. Con esas 3 cousas, tiñamos que pensar con que e como dividir o kiwi á metade, para poder probalo e saborealo. 
Coa actividade traballamos diversos conceptos loxico-matemáticos e sobre todo, aproveitamos para achegar aos nenos e nenas a alimentos saudables como son as froitas, e xogar a tocar, ulir, a adiviñar de que cor é por dentro. Todos probaron, e algúns quixeron repetir!






lunes, 21 de enero de 2019

ENCONTRO: #somosdemonte

Para afinazar os contidos traballados ao longo do primeiro trimestre, os nenos e nenas de Barrionovo fixemos un encontro na bibliobn para contar aos demais compañeiros e compañeiras do cole, o que investigamos e descubrimos sobre a fauna dos montes galegos. 

No caso da clase de 3 anos, contamos aos demáis o que aprendemos sobre o porco teixo e o esquío, intentando recordar e explicar onde viven, que comen, cales son os seus depredadores e algunha caraterística ou curiosidade.

Clicando na imaxe podedes ver todo o que aconteceu na nosa biblio.



miércoles, 16 de enero de 2019

Izan cumpre 4 anos!

Hoxe foi un día especial: Izan cumpriu 4 anos!! E encantounos poder pasar e disfrutar con él un pedaciño do seu día. Moitas grazas á familia por traer unha merenda tan rica, orixinal e personalizada! 



Martes de poesía-express: PIÑEIRO

Aproveitando a temática #somosdemonte, coa axuda da nosa encargada do Martes, Noa, preparamos unha poesía express moi sonora relacionada co proxecto, que presentamos a todos os nenos e nenas de Barrionovo. 

Se pinchades na imaxe poderedes ver a experiencia; desexamos que vos guste.


viernes, 11 de enero de 2019

FESTIVAL DE NADAL

Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder aos vídeos das actuacións do festival de Nadal.