martes, 24 de abril de 2018

Semana adicada ao Día do Libro 2018

O luns tras a presentación do vídeo especial do Día do Libro, os compañeir@s de 3 anos contaronnos na mesa de luz o conto "Pequeno azul e pequeno amarelo", un imprescindible para os máis pequen@s. Podedes velo aquí.
Hoxe..tocounos a nos!!Tras varios de preparación, contamos para tod@s o conto 10 patitos de goma de Eric Carle. Fixémolo no retropoxector e os debuxos empregados foron feitos por nós. Pensamos que un éxito! 





10 Patitos de goma from biblio BN on Vimeo.

lunes, 23 de abril de 2018

Día Internacional do Libro 2018: NON LEAS!

Hoxe é un día moi importante e comezámolo coa presentación do video, gravado en colaboración con algunhas familias, baseándonos no texto de Fran Alonso.

NON LEAS!!!



Máis información aquí.

domingo, 22 de abril de 2018

Visita Afundación "Jorge Castillo: a visión dunha obra"

O pasado xoves, visitamos Afundación, para ver a exposición de Jorge Castillo.


Premendo aquí máis información, no blog do cole.

martes, 17 de abril de 2018

Horto interactivo (II)

Seguimos a completar o plano interactivo do noso horto:
Neste caso completamos a información do Romeu xa que temos un anaquiño de horto adicado a plantas aromáticas.

lunes, 16 de abril de 2018

Aniversario de Paula

O pasado 11 de abril celebramos o aniversario de Paula que xa cumpriu 5 aniños.
Soprou as velas e como non podía ser doutro xeito, degustamos a tarta.
Parabéns Paula!!!!

domingo, 15 de abril de 2018

Mes do Libro

Con motivo do mes do Libro, que une o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) co Día Internacional do Libro (23 de abril), na Biblio BN, como non podía ser doutro xeito, está habendo moitos acontecementos:
presentamos o vídeo que elaboramos inspirándonos no lema deste ano do Día Internacional do libro infantil "os libros fan grande o máis pequeno"



Como sabedes, estades todas as familias convidadas a participar na actividade "As familias tamén contan", podedes traer un libro que teñades na casa ou vos deixamos algún da Biblio. Agardámosvos!!


No blogue da Biblio podedes ver algunhas familias que xa se animaron a participar.
Visitamos a Biblioteca Miguel Sande, para gozar cun contacontos a cargo de Marisa Irimia, clickade na imaxe para ver máis:


E aínda estamos na metade do mes...aínda queda moito que contar...

domingo, 8 de abril de 2018

Okupación escornábotica segundo trimestre

Miguel e a súa familia fixeron un intenso traballo de investigación e fixeron unha interesantísima plantilla de mulleres importantes galegas, que destacaron na nosa historia por distintos motivos. Parabéns!






Daniela xunto coa súa familia fixo unha plantilla con refráns galegos para algúns dos meses do ano, Temos que aprendelos!





Laura, pola súa parte fixo unha recolección de cousas que van ligadas a Galicia: o noso himno, a queimada... Xenial!




Con Ainara Souto e a súa familia, aprendemos palabras e ditos típicos galegos. Bo traballo!


martes, 3 de abril de 2018

Taller de mate (II)

Aquí vos deixamos algunhas das actividades que fixemos no taller de mate neste trimestre:
fixemos varias actividades relacionadas coa medida das cousas. Na fotos que podedes ver aquí, fixemos colares e logo os medimos para rexistrar esas medidas e poder comparalos.
Tamén xogamos coa mesa de luz, practicamos a identificación e grafía dos números e tivemos un primeiro contacto coa táboa do cen, que tamén temos a grande escala na clase.

 Descubrimos e xogamos con algúns dos materiais que foron chegando ao Espazo Fedelleiro: