martes, 29 de mayo de 2018

O NOSO EN 3R

Moitísimas gracias familias por sacar un anaquiño do voso tempo para facer algo do noso patrimonio xunto cos nen@s.
Foron unhas aportacións estupendas, sodes uns artistas.

Aquí vos deixamos as aportacións da nosa clase, aquí podedes ver o resto!
Lémbrovos que este sábado 2 de xuño, terá lugar a festa de Voz Natura, no parque deportivo de Acea de Ama (Culleredo). É unha festa aberta ao público con un montón de actividades lúdicas e deportivas.
Como cada ano Barrionovo estará con seu stand con todas as aportación que fixechedes do noso en 3R, vémonos por alí.

DARIL: CASTRO



LAURA: BOTAFUMEIRO


MIGUEL: CABAZO


DANIELA: CABAZO


AINARA SOUTO: TORRE DE HÉRCULES


IAGO: TORRE DE HÉRCULES


lunes, 28 de mayo de 2018

María Victoria Moreno: Letras Galegas 2018

Traballamos de distintos xeitos a María Victoria Moreno: Comezamos facendo un croma:
Podedes ver aquí como o fixemos:
http://bibliobn.blogspot.com.es/2018/05/croma-galegs-iii-m-victoria-moreno.html

Entre todos fixemos un díptico informativo, podedes ver o proceso de elaboración aquí.
A parte que nos tocou a nós foi facer uns booktrailers sobre dúas obras de Mª Victoria Moreno:
Chegou un montón de información ao cole, que compartimos no espazo fedelleiro, clickade na imaxe para ver máis:


Aida fixo un xogo para a app TinyTap co que estamos a aprender moito:



...e moito máis!

Terceira semana do Feirón da Nosa Lingua

O luns a palabra foi: FERVENZA

O martes a palabra foi: BOLBORETA

O mércores a palabra foi: AGARIMO

O xoves a palabra foi: CHIBA

O venres a palabra foi: BRUAR

lunes, 14 de mayo de 2018

Segunda semana do feirón da nosa lingua

O luns a palabra foi BICO



O martes: FEITIZO


O mércores: SOLPOR, e fumos nós os encargados de facer o stopmotion


O xoves a palabra foi: XOANIÑA:


E por último, o venres, fomos de novo os encaragdos de facer o stopmotion coa palabra: VAGALUME

jueves, 10 de mayo de 2018

Dado Máxico: Hervé Tullet

Fixemos unha actividade de grafo creativa sacada do libro de Hervé Tullet Talleres de Arte. 
A cada artista lle damos un folio cun círculo no centro, ademais diso e pinturas precisamos un dado.
Tiramos o dado e o número que saia será o número de ollos que lle facemos ao noso monstro.
Tiramos o dado outra vez e o número que saia será o número de bocas.
Logo decidiremos o número de narices, o de brazos, o de pernas...
Para rematar se sae 1 ou 2 farémoslle pouco pelo, se sae 3 ou 4 pelo normal e se sae 5 ou 6 farémoslle moito pelo!!!
E así foi como sairon estes mostros.







jueves, 3 de mayo de 2018

Mes das Letras

Iniciamos o mes de Maio, protagonizado por Maria Victoria Moreno, escritora homenaxeada nestas Letras Galegas 2018.
Na BiblioBN fixose a apertura cun EncontXo, pinchade na imaxe para ver máis.

E hoxe comezou o Feirón da nosa lingua, cada día unha palabra:



Estade atentos para ir seguindo este acontecemento.