lunes, 27 de septiembre de 2021

XOGAMOS NO EXTERIOR

Unha das cousas que nos encanta de vir ao cole é poder saír ao patio a xogar. Este curso temos tres zonas de xogo diferenciadas.

-CASIÑA: con cacharriños para desenvolver o xogo simbólico e contos para fomentar o gusto pola lectura.

-TRONCOS: para poñer a proba as nosas habilidades motoras e cunha pizarra para desenvolver a nosa creatividade.

-PARQUE: tobogán, casiña, balancín... para desfrutar cos amig@s potenciando as habilidades sociais.



martes, 21 de septiembre de 2021

RECUNCHOS DA AULA

Durante estes días de adaptación ao cole, estamos a descubrir os diferentes recunchiños de xogo que temos na nosa clase. Cada día hai unha zona da aula cuberta cunha tea laranxa que temos que destapar.

-COCIÑA: xogo simbólico.


-ANIMAIS E COCHES: dinosauros, animais da granxa e pista de coches para construir.


-ARTE: diferentes propostas artísticas. Neste caso, actividade de creación libre con gomets.


-MESA DE LUZ E EXPERIMENTACIÓN: diferentes materiais translúcidos para empregar na mesa de luz e area cinética e animais na mesa de experimentación.


-TICS (PDI E ROBOTS): creacións libres na PDI, iniciación no uso do escornabot xogando con plantillas coas nosas fotos e presentación do botley e xogo empregando o mando.

 

domingo, 12 de septiembre de 2021

PRIMEIROS DÍAS NO COLE

Aquí vos deixamos unha mostra de como está sendo o inicio do período de adaptación na aula laranxa. Cancións, contos, sorpresas, xogos...