jueves, 28 de febrero de 2019

Poesía Express: “CHOVE EN SANTIAGO”

Esta semana, gozamos dunha poesía express moi especial; un poema cantado por Luar Na Lubre titulado “Chove en Santiago”. Preme na seguinte imaxe para velo:

Logo, subimos a aula, e co poema soando de fondo, os nenos e nenas de 3 anos representaron o poema de maneira individual:




martes, 26 de febrero de 2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: LORIEN.

Fai uns días, foi Lorien o responsable de levar o escornabot a casa. En familia, tiñan a misión de crear unha plantilla para o recuncho das TIC. Quedamos moi sorprendidos, pois presentounos unha plantilla de insectos, na que aparecían animáis que aos nenos e nenas lles chamaron moito a atención: barbantesa, libeliña, candela de frade, zapateiro, escaravello, xoaniña...

As imaxes deron lugar a observación detida por parte dos nenos e nenas, a clasificación, a comparación, e a formulación de preguntas como que comen? Son velenosos? Pican?

Lorien foinos dicindo o nome de cada animal, describiunos, e explicounos como xogar coa plantilla que trouxo: primeiro, tirar o dado, e despois chegar co escornabot ao animal con ese número!



Moitas grazas familia, e parabéns pola idea!

lunes, 25 de febrero de 2019

DÍA DE ROSALÍA: #libreOMeuPensamento

Hoxe tiña lugar na escola o peche da celebración do día de Rosalía, que traballamos a partir do cartel deste ano #libreOMeuPensamento. Premede na imaxe para ver toda a secuencia de actividades relacionadas con este día.

domingo, 24 de febrero de 2019

ENCONTRO HORTÍCOLA: PAPÁ AINARA CARRIL

Rematamos outra semana, e con ela, cabe destacar unha das actividades destacadas coa que desfrutamos todos e todas xunt@s. O pai de Ainara animouse a vir desenvolver a sesión semanal de horto, ensinando aos pequenos e pequenas todos os pasos a seguir para prantar repolos e coles. Se clicades na imaxe, poderedes ver como foi toda a experiencia!

Familia, grazas pola vosa colaboración, e cando o desexedes, tedes as portas da escola abertas de novo! 

viernes, 22 de febrero de 2019

MONKEY AND ME

CÓNTANOS KATRINA QUE DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS, NAS SESIÓNS DE INGLÉS, ESTIVERON A TRABALLAR CUN FERMOSO CONTO TITULADO "MONKEY AND ME".



A TRAVÉS DA SÚA LECTURA AFONDARON NA TEMÁTICA DOS ANIMAIS, QUE TAN INTERESANTE ESTÁ A RESULTAR PARA OS NENOS E NENAS; E OS SEUS MOVEMENTOS.

ADEMAIS GOZARON IMITANDO AOS ANIMAIS A TRAVÉS DA CANCIÓN "LET'S GO TO THE ZOO"

PRACTICARON TAMÉN O VOCABULARIO XOGANDO CO ESCORNABOT CUNHA NOVA PLANTILLA RELACIONADA CO CONTO.




OUTRAS ACTIVIDADES FORON XOGOS DE ACCIÓN, ADEVIÑAR O ANIMAL A TRAVÉS DO SON OU DO MOVEMENTO, XOGOS COA PELOTA SEGUINDO A ESTRUTURA DO CONTO E REALIZACIÓN DE MÁSCARAS PARA A GRAVACIÓN DUN CROMA QUE VOS DEIXAMOS A CONTINUACIÓN.




ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!

miércoles, 20 de febrero de 2019

Cociñamos, experimentamos, manipulamos.

Como cada mércores, tocou sesión de cociña. O primeiro que tivemos que facer foi adiviñar que había na bolsa que atopamos onte á volta do recreo: tras tocar cos ollos pechados, puidemos describir se o que tocábamos era duro ou brando, liso ou rugoso, frío ou quente, grande ou pequeno... Unha vez que abrimos a bolsa tocaba investigar que era o que nela había: 5 granadas e 2 aguacates. Tiñamos que pensar se eran froitas, verduras, legumes... Unha vez que resolvemos mediante a busca en internet, xurdiron preguntas: como son por dentro? Que imos cociñar con eles? Pois unha ricas tostadas de aguacate con granada.
Tivemos que pensar cantas tostadas necesitábamos, para iso, contamos cantos éramos na clase. 13. Iker foi o responsable de contar 13 tostadas.


Logo, tocaba cortar a granada para ir desgranándoa cada un no seu prato, así como tamén pelar o aguacate e comprobar como era por dentro.

Cada neno de maneira individual foi desgranando a granada cos dedos da pinza. Ao principio era difícil e mesmo raro tocala e manipulala, pero logo aprenderon como facelo.


 

Posteriormente, untamos a tostada con aguacate coa axuda dun coitelo..

Por último, só nos quedaba o último paso: degustala e saboreala!! Algúns, animáronse a repetir!! 

Probar e achegar aos nenos e nenas a alimentos saludables é un dos obxectivos (entre outros) deste taller semanal de cociña! O máis importante, mandarlles aos nenos e nenas merendas saudables que teñan base nas diferentes froitas, pois temos unha ampla variedade de sabores e cores: fresas, kiwis, laranxas, mazás, plátanos, uvas, e un infinito etc!

martes, 19 de febrero de 2019

Martes Poesía-Express: "Adios ríos, adios fontes" Rosalía de Castro.

Hoxe gozamos dunha nova proposta de poesía express sensorial. Despois do recreo, a profe Lucía estábanos agardando no horto da escola. Explicounos que nel aparecera un camiño misterioso que deberíamos percorrer para poder descubrir o poema desta semana: "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.
Un voluntario, Alexis, foi abrindo o percorrido e recopilando os fragmentos da poesía dispersos polo mesmo. Seguíronlle todos os nenos e nenas aos que lle apeteceu probar a experiencia e este foi o resultado:



Cando rematamos, recompuxemos o poema e fixámonos en que alguén nos deixara unha nota pendurada na oliveira... Fora Shelly (o trasno do monte) que nos pedía que investigásemos sobre a autoría do poema, que o plantásemos na terra e o coidásemos con agarimo. 
Unha sorpresa nos agarda cando fagamos isto! Non perdades detalle!

lunes, 18 de febrero de 2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: ALEX E NOA.

O escornabot tivo a sorte de viaxar á casa de Alex e Noa. Coa súa familia, puideron desfrutar de todos os materiais que levaba a mochila, e sobre todo, Alex e Noa ensináronnos as súas plantillas e explicáronnos como se xoga con elas.

A plantilla que a familia elaborou con Noa é sobre animais e elementos de monte: árbore, esquío, nutria, xabarín, río... A plantilla viña acompañada de un sobre con tarxetas con eses mesmos elementos de monte. Noa explicounos que para poder xogar, tiñamos que poñer boca abaixo as tarxetas, e descubrir unha. Logo, tras ver que nos tocou na tarxeta, tiñamos que ir co escornabot ata ela. Que ben o pasamos!


Por outra banda, a familia elaborou con Alex unha plantilla diferente, relacionada con  diferentes froitos secos e froita procedentes do monte: castaña, grosella, mazá, amoras... A maneira de empregala era a mesma que a de súa irmá Noa. Sen dúbida, divertímonos e sentímonos contentos de que o recuncho de TICS sigan tendo cada día máis materiais.


Moitas grazas, familia!

domingo, 17 de febrero de 2019

Grafomotricidade creativa

Rematamos a semana cunha actividade de grafomotricidade creativa. Primeiro tiñamos que repasar con rotulador círculos de diferentes tamaños, coa consigna de “cada un de unha cor distinta”. Despois, tocaba traballar co pincel: e a consigna era a mesma “cada círculo debedes pintalo de unha cor diferente”, inda que... alguén pintou un círculo multicolor e ao resto gustoulle a idea! E non me extraña porque... como desfrutan mesturando as cores! 



viernes, 15 de febrero de 2019

SAÍDA MUNCYT

Esta semana, fixemos unha saída ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT). Premede na imaxe para ver a experiencia!

jueves, 14 de febrero de 2019

Des Eu Ca Lip Ti Za Ción

Esta semana a profe Aida presentábanos no Espazo Fedelleiro, unha acción Poética-Multimedia moi relacionada co noso proxecto #somosdemonte, coa que puidemos reflexionar sobre a palabra DESEUCALIPTIZACIÓN, elixida palabra do ano 2018.

A partir do GIF que a Aida empregou na acción poética que nos presentou, puidemos observar unha folla e froito dunha especie invasora (eucalipto) e tamén dunha autóctona (carballo).

Premendo na imaxe podedes ver a secuencia completa da actividade.

lunes, 11 de febrero de 2019

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Para celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia recibimos a visita de UDC CIENCIA.

Ana, Vicky, Laura e Alba organizaron tres talleres: de fósiles, slime e de equilibrios, cos que desfrutamos descubrindo máis cousas sobre a ciencia. O mellor de todo, convertirnos en científicos e experimentar sen parar, sen dúbida o que máis nos gusta!

A continuación, podedes ver o seguimento de un grupo pasando polos diferentes talleres.

Experimento de xeo seco:

Taller slime:

Taller de equilibrios:


Taller de fósiles:

Para máis información, visitade a blogue da nosa bibliobn:



Atelier creativo: Luz Negra

E que ben o pasaron os peques no atelier de luz negra que montamos no espazo fedelleiro!







SEGUIMOS INVESTIGANDO: fauna dos ríos galegos e profesións de monte

Hoxe levamos unha misión moi importante para casa: investigar diferentes animais que viven no río ou cerca del, así como tamén diferentes profesións vinculadas co monte. 

Todo comezaba a semana pasada, cando fixemos unha asamblea na que falamos sobre o que é un río, quen vive nel ou cerca del, cómo debemos coidalo... Logo debuxamos as ideas previas de como é un río; este foi o resultado: 



Unha vez que imprimimos fotos de diferentes animais de río e profesións de monte, cada neno/a decidiu que lle apetecía investigar coa súa familia na casa, e completamos posteriormente unha ficha rexistro para levar a casa, que os pequenos/as deben traer cuberta, e explicar a os seus compañeir@s.


Moi atentos! Seguro que pronto teredes noticias para ver como segue a evolución do noso proxecto #somosdemonte.