jueves, 28 de octubre de 2021

CAIXAS MISTERIOSAS

Esta semana a profe Paula preparounos unha actividade sorpresa a cal estaba composta por tres caixas misteriosas. As caixas estaban pechadas e tiñan uns buratiños por diante para poder meter as nosas mans e experimentar co sentido do tacto. Fomos super valientes e descubrimos diferentes texturas (suave, áspera...)
Encantounos!  





martes, 19 de octubre de 2021

ENCONTXOS BN: Y EL UNIVERSO

Premendo na imaxe poderedes saber máis desta actividade que tivo lugar no espazo fedelleiro a semana pasada e que nos encantou.



viernes, 15 de octubre de 2021

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELO

O ratiño Paco deixanos cada día un conto agochado no baúl da clase e a semana pasada o conto viña con sorpresa. Ao subir do patio as luces da aula estaban apagadas, escoitábase unha música relaxante e Paco estaba subido na mesa de luz co conto “Pequeno azul e pequeno amarelo”.


Escoitamos moi atentos o conto e ao acabar practicamos a mestura das cores azul e amarelo (con círculos de papel celofán e con témperas) e descubrimos que se convertían en verde. Despois, co pincel, intentamos debuxar círculos coa cor verde resultante.

jueves, 14 de octubre de 2021

jueves, 7 de octubre de 2021

ACTIVIDADES DE OUTONO

O outono chegou a Barrionovo e para celebralo fixemos distintas actividades.

-EQUINOCCIO DE OUTONO NO ESPAZO FEDELLEIRO: clicando aquí poderedes ampliar a información.

-EXPERIMENTACIÓN CON ELEMENTOS DE OUTONO: observamos os distintos tipos de follas, as súas cores, froitos secos... e tamén nos serviu para facer diferentes creacións artísticas e incluso para deixar voar a nosa imaxinación inventando cabanas nas que refuxiarnos, facendo picnics...






-ARTE: empregando as cores do outono pintamos unha cartolina con canicas e despois pegámoslle enriba un ourizo ao que lle tivemos que repasar as púas.

                                 

lunes, 4 de octubre de 2021

#BARRIONAUTAS E ASTRONOVOS

Durante todo este curso o tema do proxecto será o espazo e estas son algunhas das actividades que estivemos levando a cabo.

-AMBIENTACIÓN: empregando as novas tecnoloxías convertémonos en astronautas e empregamos estas imaxes para decorar os nosos casilleiros.



-IDEAS PREVIAS: despois da lectura do conto "Los planetas" de Margarita del Mazo e Cecilia Moreno facemos unha posta en común das cousas que sabemos do espazo, recollémolas por escrito e cada nen@ fai a súa propia representación gráfica das ideas previas que ten respecto a este tema.


-MOTIVACIÓN: imos empregar diferentes recursos audiovisuais en relación co proxecto para motivar aos pequen@s e ir adquirindo os distintos contidos. A primeira das cancións que estamos a aprender é esta. Aquí a tedes para que a poidades seguir escoitando na casa.