lunes, 4 de octubre de 2021

#BARRIONAUTAS E ASTRONOVOS

Durante todo este curso o tema do proxecto será o espazo e estas son algunhas das actividades que estivemos levando a cabo.

-AMBIENTACIÓN: empregando as novas tecnoloxías convertémonos en astronautas e empregamos estas imaxes para decorar os nosos casilleiros.



-IDEAS PREVIAS: despois da lectura do conto "Los planetas" de Margarita del Mazo e Cecilia Moreno facemos unha posta en común das cousas que sabemos do espazo, recollémolas por escrito e cada nen@ fai a súa propia representación gráfica das ideas previas que ten respecto a este tema.


-MOTIVACIÓN: imos empregar diferentes recursos audiovisuais en relación co proxecto para motivar aos pequen@s e ir adquirindo os distintos contidos. A primeira das cancións que estamos a aprender é esta. Aquí a tedes para que a poidades seguir escoitando na casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario