jueves, 27 de enero de 2022

FEDELLANDO

Pasámolo xenial facendo creacións con diferentes materiais dos que se atopan no espazo fedelleiro. Aquí tedes algúns deses momentos de xogo.

jueves, 20 de enero de 2022

EXPERIMENTO: OS VOLCÁNS DE VENUS

Nestes días andamos a investigar moito en relación co planeta Venus. Aprendemos que é o máis quente de todo o Sistema Solar e o que conta con máis volcáns.

Para coñecer un pouquiño máis acerca de como funcionan os volcáns, puxémonos mans á obra e fixemos un experimento para comprobar como estes entran en erupción e expulsan a lava.

Aquí vos deixamos os pasos a seguir por se o queredes repetir na casa:

-Cubrir unha botella con plastilina imitando a forma dunha montaña.

-Encher 3/4 partes da botella con vinagre.

-Botar medio vasiño de auga.

-Engadir unha cucharadiña de deterxente de lavar os pratos.

-Se queremos que a "lava" saia de cor vermella engadimos unhas gotiñas de colorante alimentario vermello.

-Por último, botamos unha cucharada de bicarbonato e agardamos a que o noso volcán entre en erupción.