miércoles, 31 de enero de 2018

Sexamos máis bos que o pan

O lema do Día Escolar da Paz e da non violencia de este ano foi "sexamos máis bos que o pan".
Recibimos a visita de Juan, papá de Laura, de profesión panadeiro, que nos ensinou a receita nun obradoiro panadeiro. Clicka na imaxe para ver máis. Gracias Juan!


Previamente, Mª José contou o conto "aquí es mi casa", prema na imaxe para ver máis:

E xa levamos uns días falando de Manuel Colmeiro, un pintor galego ao que lle gustaba moito pintar feiras, panadeiras... e seguimos a nosa serie de C(R)OMA GALEG@S, meténdonos nalgúns dos seus cadros:

lunes, 29 de enero de 2018

TALLER DE MATE

Dende hai dúas semanas os xoves a última hora imos ao espazo fedelleiro para xogar coas mates.
O primeiro día aproveitamos para empregar algúns xogos como os bloques lóxicos e as súas tarxetas, os cubos matemáticos ou a mesa multitáctil.


O pasado xoves, iniciámonos na medida, empregando uns metros que chegaron envoltos como caramelos...
Comezamos a medirnos rexistrando por parellas as medidas na pizarra porta, pero a actividade aínda non está rematada...deixamos un adianto:


miércoles, 24 de enero de 2018

Encontro coas REDEIRAS

Onte tivemos a visita de Rosa e Mª  Jesus da asociación de Redeiras Illa da Estrela en Corme.
Disfrutamos un montón á vez que aprendimos.
Tedes máis información no blogue da BiblioBN. Pinchade na seguinte imaxe para ir directamente:

lunes, 22 de enero de 2018

A máquina do tempo

Hoxe descubrimos unha nova app coa que aprender máis cousas de Galicia. A máquina do tempo do Consello da Cultura Galega, permítenos ver en realidade aumentada distintas pezas do noso patrimonio cultural.
Empregala é moi sinxelo precisamos unha tableta ou ipad, e imprimir as imaxes ou amoalas noutro dispositivo.
Nos fixémolo así:
Descargamos as app na tableta e no ipad e abrímolas nos dous dispositivos:

Seleccionamos a mesma peza nos dous dispositivos:

E agora, dámoslle a continuar nun dos dous dispositivos:
Ao darlle a continuar xa se nos abre directamente a cámara e con ela debemos capturar a imaxe que nos quedou no outro dispositivo. 
Así explicado pode resultar confuso, pero a aplicación é moi intuitiva.


A máquina do tempo from AULA LARANXA on Vimeo.

viernes, 19 de enero de 2018

PRIMEIRAS OKUPACIÓNS ESCORNABÓTICAS do curso 17/18: Paula e Artai

Perdoade o retraso..comezo a mostrarvos as plantillas que foron chegando das okupacións.

O escorna xa viaxou á casa dalgúns dos habitantes da aula laranxa.

Pasou pola casa de Artai, que xunto coa súa familia elaborou unha plantilla de festas populares galegas.





Na casa de Paula, tamén disfrutaron moito co escorna, e elaboraron unha plantilla de gastronomía galega, que fame!!!






lunes, 15 de enero de 2018

Aniversario de Laura

O pasado xoves celebramos o aniversario de Laura cun rico biscoito do que demos boa conta!
Parabéns Laura!!!!!

C(R)OMA GALEG@S: CASTELAO

O venres iniciamos unha nova actividade: C(R)OMA GALEG@S. Ao longo das próximas semanas irémonos caracterizando de persoeiros galegos ilustres.

O primeiro foi Castelao, protagonista do calendario deste mes de Xaneiro. Que vos parece? Están guapísim@s!


              

domingo, 14 de enero de 2018

Recursos para o entroido

Para festexar o entroido, tendo en conta o proxecto anual deste curso, non se nos ocorreron mellores disfraces que os típicos galegos.
Galicia é un lugar onde o entroido se vive con moita intensidade e dependendo da zona podemos atopar moitísimos disfraces típicos que teñen a súa historia. 
O reto que vos propoñemos é que @s nen@s veñan disfrazad@s cun disfrace típico, podedes elexir o que queirades: peliqueiros, pantallas, xerais, choqueiros... 
Ademáis da información que vos proporcionabamos na nota do pasado venres deixámosvos aquí máis ideas e imaxes para que vos inspiredes.

Moitas gracias pola vosa colaboración e..FELIZ ENTROIDO!

Pinchade na imaxe para máis información:




martes, 9 de enero de 2018

Volta á rutina

Feliz 2018 a tod@s! Os habitantes do barrio laranxa xa estamos de volta.
Comezamos cun Encontxo, prema na imaxe para ver máis:

Mª José presentou na BiblioBN o calendario de CEOS DE GALICIA, pincha na imaxe para ver máis:



E na clase seguimos facendo algunhas actividades para retomar o ritmo:

Actividade de grafomotridade creativa:

Debuxando os seus agasallos de Nadal: