viernes, 21 de junio de 2019

Despedida Curso 18/19

Despedimos este curso cunha semana chea de actividades. O luns dia 17 celebramos no Auditorio o festival de fin de cuso, cun concerto de Pablo Díaz e coa actuación dos nenos e nenas de Barrionovo,  acompañados polas familias. Ademais, os cativ@s de 5 anos foron os homenaxeados, pois dicíannos adeus antes do seu paso a primaria. Pinchando na seguinte imaxe poderedes desfrutar das imaxes que recollen a celebración:
O xoves día 20, as familias estaban convidadas a ver a nosa exposición #somosdemonte. Os pequenos e pequenas tiñan a misión de explicarlles e ensinarlles ás familias os traballos realizados ao longo do curso. Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que os pequen@s foron os verdadeiros protagonistas, un día especial no que tiñan as persoas máis queridas escoitando e atendendo o que explicaban e ensinaban. 
Por último, o venres 21 fixemos a última saída do curso, unha saída coa que pechamos este fermoso proxecto #somosdemonte. Unha proxecto que nos uniu, na procura de información, na realización de actividades, en cada encontxo, encontro, en cada saída... Pechamos o curso con boas sensacións e cunha mochila de experiencias! 

Ata a volta! FELIZ VERÁN!

jueves, 20 de junio de 2019

Celebrando o último aniversario do curso

Hoxe celebramos o aniversario de Álvaro, que recibiu de agasallo apertas e bicos dos seus compañeir@s! Xa sabemos que no verán non nos veremos tanto e... toca repartir apertas agarimosas!

miércoles, 19 de junio de 2019

Aniversarios: Gael e Ainara

Hoxe festexamos os aniversarios de Gael e Ainara, entre risas, apertas, bicos e un petisco de biscoito que estaba ríquiiisimo! 4 aniños que festexaron rodeados dos seus compañeir@s, cos que tantas cousas comparten día a día! Parabéns!!!

Traballo De Investigación: Troita #somosdemonte

Hoxe rematamos os traballos de investigación deste curso, e facémolo coa exposición de Gael sobre o seu traballo da troita. A partir da información que Gael buscou coa súa familia, elaboramos entre todos e todas un thinglink, que podedes ver a continuación, traballando sempre en equipo:



MOITAS GRAZAS Á FAMILIA POLA SÚA COLABORACIÓN!

martes, 18 de junio de 2019

LONDON PROJECT: THE QUEEN'S HAT

REMATA O CURSO E MS. KATRINA NON SE QUERÍA DESPEDIR SEN ACHEGAR AOS NENOS E NENAS Á XEOGRAFÍA E CULTURA BRITÁNICAS.

DURANTE AS PASADAS SEMANAS, NAS CLASES DE INGLÉS ESTIVERON A VIAXAR AXUDADOS POLA ESTRUTURA DO CONTO "THE QUEEN'S HAT".



A TRAVÉS DESTE, APRENDERON MULTITUDE DE ASPECTOS SOBRE A REALEZA BRITÁNICA: QUEN É A RAIÑA, OS SEU CANS, A GARDA REAL, A FAMILIA DA RAIÑA E OS PALACIOS NOS QUE VIVEN.




ADEMAIS, GRAZAS AO GOOGLE MAPS, GOOGLE EARTH, AO CROMA E AO VÍDEO, PUIDERON VIAXAR DENDE PASTORIZA ATA LONDRES, OBSERVANDO A DISTANCIA QUE HAI ENTRE AMBOS LUGARES, O TERRITORIO BRITÁNICO, TRANSITANDO AS RÚAS E VISITANDO OS LUGARES MÁIS DESTACADOS DE LONDRES:


EN TRAFALGAR SQUARE OBSERVARON A ESTATUA DO ALMIRANTE NELSON E ADMIRARON OS CATRO LEÓNS QUE A GARDAN. APRENDERON SOBRE A BATALLA DE TRAFALGAR E SOBRE A CONTROVERSIA QUE HOUBO NO PASADO POR MOR DAS POMBAS QUE ATEIGABAN ESTA PRAZA.

EN LONDON ZOO PUIDERON OBSERVAR IN SITU TODOS OS ANIMAIS E RECORDAR O VOCABULARIO TRABALLADO AO LONGO DO CURSO.


PUIDERON BAIXAR ÁS PROFUNDIDADES DO METRO DE LONDRES, OBSERVAR O SEU FUNCIONAMENTO E ASPECTOS IMPORTANTES A TER EN CONTA TALES COMO AS SINAIS VISUAIS E ACÚSTICAS, DIRECCIÓNS, TICKETS E OUTROS MEDIOS DE TRANSPORTE QUE PODEMOS PRECISAR NA CIDADE.





SUBIRON AO LONDON EYE E OBSERVARON O TOWER BRIDGE EN FUNCIONAMENTO.



POR ÚLTIMO ESCUDRIÑARON AS ENTRAÑAS DO EMBLEMÁTICO BIG BEN. XOGARON TAMÉN AO MÍTICO XOGO "LONGON BRIDGE IS FALLING DOWN".


KATRINA DESÉXAVOS UNHAS VACACIÓNS AO ESTILO KATRINA, ISTO É CHEAS DE MAXIA, DIVERSIÓN, AMOR E FELICIDADE!

ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!

lunes, 17 de junio de 2019

Expo: #somosdemonte

Este xoves, día 20 de xuño, esperámosvos para que visitedes a nosa exposición #somosdemonte. 
Non faltedes!

martes, 11 de junio de 2019

Traballo de Investigación: Barbantesa #somosdemonte

Para recopilar a información que Ainara preparou coa súa familia, fixemos entre tod@s un Thinglink, para o que tivemos que selecionar imaxes da barbantesa, pensar que podíamos dicir en cada imaxe, e finalmente grabar a información.  E é que...cada vez temos menos vergoña a falar diante dos compañeir@s. A continuación podedes desfrutar do thinglink que fixemos en equipo! 
"
Despois pasamos ao traballo de mesa, onde pensamos tres palabras que caracterizaban a barbantesa: INSECTO, OVÍPARO, CARNÍVORO. 
Nesta actividade, en primeiro lugar os nen@s tiñan que escribir BARBANTESA. Despois, recortar as diferentes palabras significativas pola liña, e asociar cada letra onde correspondía. Finalmente, unha vez que estaban seguros/as, só quedaba pegar. E velaí o resultado!

Grazas polo traballo familia!

domingo, 9 de junio de 2019

PREMIO VOZ NATURA AO MELLOR PROXECTO INFANTIL

Remata a semana e con ela unha gran noticia!
Este mércores 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, recibimos a noticia de que fomos escollidos como mellor Proxecto Infantil dentro do programa Voz Natura.

Queremos agradecer dende aquí a colaboración en #somosdemonte por parte das familias, de toda a comunidade educativa e do Concello de Arteixo.

Deixámosvos un podcast coa entrevista (minuto 45:30) que lle fixeron á nosa directora este venres en Voces de Galicia de Radio Voz.

jueves, 6 de junio de 2019

OKUPACIÓN ESCORNABÓTICA: MICHAEL.

Michael e a súa familia, tiñan a misión de elaborar unha plantilla para xogar co escornabot. Elixiron unha plantilla relacionada co noso proxecto #somosdemonte, na que podíamos atopar diferentes árbores cos seus froitos: aguacate, cereixo, laranxeiro, limoeiro, maceira... Aproveitamos a asemblea para traballar as árbores que aparecían na plantilla, así como tamén os seus froitos: aguacate, cereixa, laranxa, limón, mazá, albaricoque, melocotón, granada... Puidemos falar de cales coñecemos, cales non, das que nos gustan ou non, da diversidade de cores, tamaños e texturas das froitas... 
Despois, puidemos adicar un momento a traballar co escornabot e coa nosa nova plantilla!

Noraboa polo traballo á familia a grazas por colaborar!

miércoles, 5 de junio de 2019

Encontros BN: Anxo Moure

Hoxe tivemos visita... non era unha visita calquera... Dende Chantada, Anxo Moure poñía rumbo á nosa escola para facernos rir, imaxinar, reflexionar... e celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. Se clicades na imaxe podedes ver o encontro:

E así nos quedamos, cun sorriso de alegría e emoción, e con ganas de seguir vivindo e compartindo experiencias coma esta! Moitas grazas Anxo, por facernos pasar un rato taaan divertido! 

martes, 4 de junio de 2019

II ENCONTRO ROBÓTICO ARTEIXÁN

Esta semana tivemos a sorte de facer unha saída ao CEIP Ponte dos Brozos, para convertirnos en makers Pdb! Clicando na imaxe podedes ver os talleres que nos prepararon e canto desfrutamos!

lunes, 3 de junio de 2019

II ENCONTRO ROBÓTICO ARTEIXÁN

A pasada semana recibimos os nen@s do CEIP "Ponte dos Brozos" para compartir experiencias das nosas bibliotecas.
Preparamos 6 espazos con diferentes propostas, polas que poderían rotar en pequenos grupos. Ao chegar organizamos 6 equipos, cada un levou o mapa do seu percorrido, de xeito que todos pasasen polos 6 espazos.
En cada espazo esperaba unha proposta cun grupo de nen@s da nosa escola que farían de anfitrións.
1. Aula de psico: Xogos de Luz


2. Espazo Fedelleiro: Luz Negra


3. Aula Laranxa: Robótica e minimundos



4. Aula Azul: Electrónica, robots e minimundos


5. Aula Rosa: Doodle 3D e minimundos 3D


6. BiblioBn: Taller de Chapuzas

Moitas grazas pola vosa visita!!!
Encantad@s de compartir experiencias coas nosas bibliotecas!