jueves, 15 de noviembre de 2018

FESTEXAMOS O MAGOSTO.

Nesta semana, celebramos o magosto, acompañados das familias dos nosos nenos e nenas. Pasámolo moi ben, moitas grazas por vir, familias!

Premede na imaxe se queredes ver un resumo do que foi a celebración:




Coas mans na terra.

Con motivo do mes da ciencia, na aula de 3 anos comezamos a preparar o noso experimento. Como comezou? Cunhas mesas e unha bolsa de terra, ao carón do noso horto...

O primeiro que fixemos foi tocar a terra, ver se era branda, dura, fría, quente, suave, rugosa... ademais, estábamos moi atentos haber se atopábamos algunha pedriña.



Logo, xogamos con ela; fixemos castelos, montes, coches..



Despois, collemos  cada un unha media, e enchémola de terra. 



Finalmente, cada neno colleu unhas poucas sementes, mezclounas coa terra..


E este foi o resultado: 


Que pasará? Que pensades que vai a ser o noso experiemento? Pronto saberedes algo!

miércoles, 14 de noviembre de 2018

Alexia cumpre 3 anos!

No día de hoxe, celebramos o aniversario de Alexia...xa 3 anos! Rimos, cantamos e desfrutamos na aula laranxa. Parabéns Alexia!


martes, 13 de noviembre de 2018

SNOW



CHEGOU O FRÍO E, COMO NON, FÍXOO TAMÉN NA CLASE DE INGLÉS.

CÓNTANOS KATRINA QUE DURANTE ESTA SEMANA DA SÚA BOLSA MÁXICA SAIU UN CONTO TITULADO “SNOW” DE SAM USHER QUE APROVEITARON PARA TRABALLAR AS PRENDAS DE VESTIR MÁIS QUENTIÑAS (HAT, SCARF, MITTENS, SHOES) ADEMAIS DOUTRO VOCABULARIO ENMARCADO DENTRO DAS RUTINAS DIARIAS (WASH, DRESS, PUT ON, TAKE OFF) E O TEMPO ATMOSFÉRICO (HOT, COLD).



AS NENAS E NENOS XOGARON A VESTIR E DESVESTIR A MONKEY, QUEN PASOU MOITO FRÍO ESTES DÍAS, E DISFRAZÁRONSE SEGUINDO AS ORDES EN INGLÉS DAS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS.



TAMÉN ESCOITARON E REPRESENTARON A CANCIÓN “I’M A LITTLE SNOWMAN”, E XOGARON CO ESCORNABOT CUNHA NOVA PLANTILLA BASEADA NO VOCABULARIO A TRABALLAR.


ABRACADABRA,  ABRACADI,
MAGIC FOR YOU AND MAGIC FOR ME!!

lunes, 12 de noviembre de 2018

A AULA LARANXA VAI DE EXCURSIÓN.

A semana pasada foi unha semana onde tivemos actividades moi especiais.

O martes, a profe Lara, achegóunos á poesía da man do libro ilustrado "Poemas con canela":



O mércores fixémos unha saída a Coruña a ///Afundación; se pinchades na seguinte imaxe, podedes ver que ben o pasamos!



O venres, disfrutamos da enCURTA "Llévame contigo".http://bibliobn.blogspot.com/2018/11/venres-de-encurtas-llevame-contigo.html






jueves, 8 de noviembre de 2018

Mamadou cumpre 3 anos!

No día de hoxe celebramos o aniversario de Mamadou. Os seus amigos axudáronlle a soprar as velas e fixéronlle un agasallo con moito cariño! Parabéns!!


martes, 6 de noviembre de 2018

TinyTap: O monstro Orquestra


Neste xogo do Tinytap podemos descubrir os instrumentos da canción "Monstro Orquestra" e como soan. Ademais ao final descubriremos os monstros musicais que construiron o alumnado do centro na semana do Samain