lunes, 31 de marzo de 2014

PESCANDO IDEAS: NOELIA

Noelia trouxo na nasa un xogo de goma con animaliños do mar:  unha buguina, cangrexo, peixes, un polbo, unha estrela, un cabaliño de mar; e tamen un submarino e un buceador.


miércoles, 26 de marzo de 2014

PESCANDO IDEAS: ANXO

Anxo trouxo na nasa, un tubo chamado SNORKEL, que serve para respirar baixo a auga, e nos contou que con el poderia atopar tesouros baixo o mar.

Tamén traía un catalexo, para atopar illas perdidas, mirando ó lonxe

E unha áncora, coa que surcar os 7 mares sen perde-lo barco.


UN DEBUXO ESPECIAL

Facemos o noso mellor debuxo, para despedir a Rosa, que tanto nos axudou estes meses.


¡¡GRACIÑAS!!

O CALENDARIO

No primeiro trimestre, cada vez que celebrabamos un cumple, tiñamos a dúbida de cando ía a ser o noso. Así que cando empezou 2014, comezamos a traballar cos meses do ano.As profes trouxeron unha lista cos nosos nomes e as datas dos cumpleanos. O traballo consistia en ir buscando mes a mes, que cumplía anos, e marcalo nun calendario mensual.


Agora, cando cambiamos de mes, despois de tachar de vermello os dias que non imos á escola, miramos no calendario dos cumples e marcamos no calendario mensual os eventos,neste mes os cumples de Xoel e Victoria.



lunes, 24 de marzo de 2014

AS CORES DO MAR

Durante este trimestre estivemos a traballar en arte, unha poesía en galego

Empregamos diversas tecnicas:

Coloreamos con lapis de cores

pegamos anaquiños de papel celofan

 papel de seda


pintamos con pigmento de coral

con xiz branca

e tamén empregamos pasteis de tonos amarelos, témpera vermella e ceras duras de cores.

Aqui vos deixamos a poesía,




O beebot busca o 2

Xogamos ó "Beebot vai ó 2". Buscamos un numero 2 neste panel.


e tentamos levar o beebot ata el.


Cando chegamos ata o 2 elexido, sacamolo do panel, e levamos ó beebot ata outro.

De ese a outro 2, e así ata que no panel só nos quedan números 1.





domingo, 23 de marzo de 2014

BUSCO O MEU NUMERO

Dende principio de curso estamos a traballar cos nosos números de lista.


Buscamolo nun panel na pizarra, comprobando coa nosa etiqueta

E coloreamolo


Mirade que chula quedou a pizarra


Agora toca pasálo ó papel....e grabarnos dicindo o noso número.


E....este é o noso vídeo, coas nosas voces e as nosas fichas.







ESTAMOS NA PRENSA

Na Semana da Prensa, fomos protagonistas dunha noticia: a nosa visita ó Museo de Belas Artes, coas nosas mulleres.

Lemos a noticia, localizamos e pegamos a nova no noso periodico "A VOZ DO MAR" e despois suliñamos o titular.


PESCANDO IDEAS: PABLO

Pablo levou a nasa á praia de Sabón, e coa axuda da sua familia, recolleron unha chea de cousas que o mar deixou na area os dias de temporal.



Cunchas de lapas, mexillons e berberechos, un esqueleto de sepia, plumas de gaivota, algas, a ata un ourizo de mar.


Aparellos de pesca e madeiras...


Pero, o que mais triste nos deixou foi ver que tamén atoparon lixo foi parar ó mar.

Garrafas de plástico, xoguetes esquecidos na praia,...unha morea de lixo que se debe tirar ós contenedores.


E...para rematar unha mensaxe:

"O MAR É DE TODOS, E DEBEMOS COIDALO ENTRE TODOS"
 "NON TIREDES LIXO Ó MAR"





martes, 18 de marzo de 2014

TRABALLANDO CON NUMERO 2

Estamos a traballar o trazo do numero 2 de diversos xeitos.

Buscamos o número no teclado, para escribilo na pizarra e traballar sobre él.

Repasamolo con cores.


E agora toca traballar sobre o papel: facemos os números, coloreamos as buguinas, e repasamos con rotuladores.





FELICIDADES VICTORIA!!!


NOVAS RUTINAS

Coa chegada do mes de marzo, despois de ver en qué día da semana e do mes estamos,observar o tempo que vai, e colocalo no dia correspondente, comezamos unha tarefa nova que consiste en reflexar o tempo nun calendario do mes.  Buscamos o dia, e colocamos unha pegatina según esté o dia: soleado, chuvioso,...



E....agora que xa estamos completamente adaptados, é hora de que os nosos compañeiros nos vaian coñecendo un pouquiño máis a fondo, para o que utilizamos o libro "EU SON...", que elaboramos coas familias durante o periodo de adaptacion.


Imos contando ós compañeiros quén está na foto das nosas familias, qué nos gusta facer....




lunes, 17 de marzo de 2014

PESCANDO IDEAS: IAN

Ian trouxo na nasa uns animaliños: alguns vivian no mar, como os cabaliños de mar e as medusas; uns cangrexos de cores e unha tartaruga, que vivian na area da praia; e un crocodilo, que vive no lago, que ainda que non é mar, é algo parecido.



FELICIDADES XOEL!!!


miércoles, 12 de marzo de 2014

PESCANDO IDEAS: MARK ENZO

Mark trouxo na nasa, un libro antigo dunha viaxe " 20000 leguas de viaje submarino" de Julio Verne

Tamen aprendemos que na Antiguedade, antes de que se iniciasen as travesias maritimas, coñecianse 7 superficies de auga. E que agora existen 54 mares distribuidos en 5 grandes oceanos.


Unhas cunchas de almexas, e de vieira, un áncora....e....
UNHA FOTO ANTIGA DA TORRE DE HERCULES






ENCONTRO NA SEMANA DA PRENSA

Estamos na Semana da Prensa, e hoxe tivemos un ENCONTRO na BIBLIOBN, con Susana Acosta, xornalista de "La Voz de Galicia", que nos contou un montón de cousas sobre o seu traballo no xornal.
Pinchade na imaxe para velo

CELEBRAMOS O DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Pincha a imaxe para ver máis

lunes, 10 de marzo de 2014

DÍA DE ROSALIA

O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalia traballando un poema do seu libro Cantares Gallegos.
Despois de telo, tiñamos que buscar a palabra MAR.

Sinalamos as letras e as profes escribimolas na pizarra

Buscamos a palabra no texto da pizarra


e suliñamola nas nosas fichas


Despois decoramos as letras


e cos marcadores fluorescentes pintamos a cara de Rosalia.


MIRADE QUE BEN O FIXEMOS

E coas caras que pintamos entre todos ....

ROSALIA POP-ART









PESCANDO IDEAS: PEDRO

Pedro pescou coa "nasa das ideas" varios animaliños mariños: peixes e tartarugas de cores.