jueves, 30 de mayo de 2019

VISITA A FUNDACIÓN BARRIÉ: Trazos Maestros

Esta semana fixemos unha saída a Fundación Barrié; premendo na imaxe podedes ver como se desenvolveu a visita:

Traballo de investigación: Ra Verde. #somosdemonte

Seguimos traballando, investigando, compartindo. Neste caso foi Ainara quen lle contou aos seus compañeir@s todo o que investigou coa súa familia sobre a ra verde. Presentounos unha serie de debuxos que lle axudaron a explicar o que aprendera, e ata compartiu connosco un vídeo coa súa familia en Monticaño no que podíamos ver algunhas ras e escoitar o seu son. 
A continuación podedes ver o que aprendemos nun ThingLink: 

Tralo estudo de datos e características da ra, realizamos unha actividade impresa na que os nen@s debían:
1º: poñer nome e data.
2º: escribir a palabra RA, previamente traballada en gran grupo.
3º: colorear a ra.
4º: recortar polas liñas.
5º: construir o puzle dentro do rectángulo correspondente.

Grazas, a familia de Ainara pola súa colaboración e noraboa polo traballo!

lunes, 27 de mayo de 2019

Aniversario Alex e Noa

Hoxe foi un día especial, pois celebramos os aniversarios de Alex e Noa! Pra celebrar os seus 4 aniños, convidáronnos a un anaco de biscoito que estaba riquísimo!! Moitas grazas á súa familia!!

THE VERY HUNGRY CATERPILLAR

CÓNTANOS KATRINA QUE, CONTINUANDO CO PROXECTO EUROPEO E-TWINNING "SPRING INTO SPRING", NAS ÚLTIMAS SEMANAS OS NENOS E NENAS TRABALLARON CO CONTO "THE VERY HUNGRY CATERPILLAR" A TRAVÉS DO CAL PUIDERON APRENDER COMO É O PROCESO DE METAMORFOSE DUNHA BOLBORETA E VOCABULARIO RELACIONADO CON ESTE E COS ALIMENTOS.


OS NENOS E NENAS TIVERON A SORTE DE COIDAR DÍA A DÍA OS SEUS PROPIOS VERMES DE SEDA, LIMPANDO AS SÚAS CAIXAS E DÁNDOLLES DE COMER, ASISTINDO ASÍ EN PRIMEIRA PERSOA AO SEU PROCESO DE METAMORFOSE.


COMA SEMPRE, A MANIPULACIÓN, O XOGO, A MÚSICA E A LEDICIA, IMPREGNARON AS SESIÓNS DE INGLÉS.



ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!

OKUPACIÓN ESCRONABÓTICA: ÁLVARO

Álvaro e a súa familia levaron o escornabot ao seu fogar, e prepararon unha plantilla para a escola sobre a patrulla canina. Para utilizala hai que tirar o dado para ver a que casilla hai que ir co escornabot. Despois de que Álvaro explicara a súa plantilla, os compañeiros e compañeiras puideron xogar con ela. Moitas grazas a súa familia por participar no proxecto de Okupación Escornabótica!

martes, 21 de mayo de 2019

MAPA CONCEPTUAL ANTÓN FRAGUAS

Como peche do ESCAPE ROOM das Letras Galegas reunímonos na BiblioBN para elaborar entre todas e todos un mapa conceptual coa información sobre Antón Fraguas recollida durante os diferentes retos.

Traballo de Investigación: a cobra de colar #somosdemonte

Seguimos compartindo con tod@s vós o noso traballo de investigación #somosdemonte. Neste caso, foi Izan quen investigou coa súa familia sobre a cobra de colar. Para poder recopilar toda a información que Izan nos explicou, fixemos entre tod@s un Thinglink, que esperamos que vos guste!

Imaxes: Honorio Iglesias (buscadas en www.google.es)

Posteriormente, o traballo semanal de grafomotricidade creativa. desenvolveuse en torno a cobra de colar. Os nenos e nenas tiñan que deseñar escamas para decorar a súa cobra, e así de bonitas quedaron:

Grazas familia!

jueves, 16 de mayo de 2019

ESCAPE ROOM LETRAS GALEGAS 2019: Antón Fraguas

Hoxe foi un día especial, había algo importante que celebrar: o día das Letras Galegas. Para iso, a BiblioBN organizaou un ESCAPE ROOM tendo como protagonista o homenaxeado ANTÓN FRAGUAS.

Esta proposta consistía en superar seis retos que estaban distribuídos en diferentes espazos do centro. Os nenas e nenas tiñan que traballar en equipo para poder superalos e axudar a Antón a recuperar a súa memoria. O primeiro paso foi ver na Biblioteca o seguinte vídeo:

A continuación organizámonos por equipos e descubrimos o que contiñan as carpetas.

Despois pasamos á acción. O primeiro reto, ubicado no local da ANPA; nel cada equipo tiña que buscar un sobre coa súa cor, e resolver o puzzle que había dentro. As imaxes dos puzzles correspondían coas obras de Antón Fraguas.

Para o seguinte reto tiñamos que ir ao patio, onde dentro dos areeiros estaban agochadas varias chaves. Para poder atopalas utilizamos uns imáns.

No terceiro reto, ubicado no Espazo Fedelleiro, había que utilizar unha plantilla que levaban as nosas mochilas para guiar o Escornabot polo panel. Cando chegaban ao punto marcado coa bandeira de Galicia, atopaban unha coordenada que tiñan que buscar no mapa da nosa Comunidade. Dentro dese cadrante ubicábase o lugar de nacemento do homenaxeado, o cal tiñan que apuntar na libreta de rexistro.

No cuarto espazo, tiñamos que descifrar unha mensaxe coas Runas Vikingas. Ao discifralo descubrían unha das profesións do persoeiro.

Seguinte reto: mensaxe oculta. Coa axuda das acuarelas e pinceis descifraban o nome e apelido do autor do "Cantigueiro de Cotobade".


Na aula rosa atopamos a última pista, gardada nunha caixa cerrada con dous candados numéricos. Para poder abrila, tiñamos que atopar nas nosas mochilas a data de nacemento e de morte. Introducindo os códigos nos candados conseguían as datas e mais dúas fotos.

Para todo isto, contábamos con dous comodíns: un de chamada a outro equipo, e outro de axuda por parte dos mestres.

Por último, reunímonos todos na BiblioBN, e abrimos o cofre coa axuda das chaves atopadas. Neste cofre tiñamos unhas instrucións para poder recibir unha visita especial.


Por fin chegou o momento de recibir a Antón Fraguas!
Foi unha experiencia diferente e divertida! 
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!

miércoles, 15 de mayo de 2019

Plantamos pimentos no noso hortobn.

Hoxe foi un día cheo de sorpresas para @s nen@s da aula laranxa. A primeira hora, baixamos a equiparnos (poñer botas, pensar nas ferramentas que íamos necesitar) para acudir ao hortobn. O luns, Izan agosallóunos cuns pimentos para prantar, así que tiñamos que pornos mans á obra. Unha vez que nos equipamos, e coa axuda de María, fomos paso a paso comezando a traballar, sempre en equipo.
1º: Movemos a terra coas palas, desfixemos terróns, fomos sacando pedras, plásticos e herba

2º: Aboamos a terra con abono natural que nos trouxo a profe Lucía.

3º: Fixemos o buraco,  prantamos, e fomos  cubrindo a raíz con terra, deixándoo ben prensado.


Tan só nos quedaba regar!! 
MOITAS GRAZAS FAMILIA, POLO VOSO AGASALLO!


A segunda hora, recibimos aos nenos e nenas da GALIÑA AZUL DE PASTORIZA,  non vos podedes imaxinar a ilusión que lles fixo aos pequen@s de 3 anos, pois eran os maiores!!! Clicade na imaxe para ver como foi a experiencia:

viernes, 10 de mayo de 2019

O retrato.

Neste terceiro e último trimestre, na aula laranxa empezamos a traballar o autorretrato e o retrato doutras persoas e personaxes. A lectura de hoxe foi: “Nicomedes. O PELADO”, de Ed. Kalandraka. Despois de escoitar o conto, puidemos falar do argumento, do seu personaxe principal, e fixámonos nas súas características: como tiña o pelo, na cor dos ollos, na forma da súa cara, nariz, na súa expresión... Tralo faladoiro, de maneira individual, cada neno e nena tiña que facer o retrato de Nicomedes, e estes foron os resultados!

jueves, 9 de mayo de 2019

Semana de visitas e sorpresas

Ao longo desta semana tiveron lugar varias visitas e sorpresas en Barrionovo.
O martes recibimos a visita do pai de Ainara Carril, que para celebrar o mes das letras galegas, nos veu contar un conto en galego: "Unha parella diferente", de Ed. Kalandraka. Aos nenos e nenas de Barrionovo encantoulles, pois estiveron moi moi atent@s! Grazas por visitarnos de novo, Toni!



Trala visita do pai de Ainara, tivo lugar a poesía-express desta semana, baseada no conto "O libro dos medos", da Ed. Bolanda, que representamos con teatro de sombras, onde un neno, lle trasmitía a súa nai, o seu medo á escuridade. A súa mamá, trataba de acougalo cariñosamente.
 Tras ela, falamos das cousas que nos dan medo e do por que. 


Por último, onte recibimos na escola a Manuel, un membro da Garda Civil, concretamente de SEPRONA. Manuel falounos sobre o traballo que realiza xunto aos seus compañeir@s, os riscos mediambientais derivados das malas prácticas humanas e como podemos nós previr que ocorran.
Centrouse ademais na prevención de incendios forestais. 
Nós contámoslles as nosas experiencias relacionadas con este tema, así como tamén as nosas dúbidas.
Grazas por todo!

#familiasporuntuber: Lorien e o seu papá

No mes de abril, polo día do libro inaguramos a actividade #familiasporuntuber. Lorien e o seu pai, deixáronnos unha recomendación dun conto que a Lorien lle apaixona. Estade atentos para velo:

sábado, 4 de mayo de 2019

SPRING INTO SPRING

COMO XA ADIANTÁRAMOS, CÓNTANOS KATRINA QUE OS NENOS E NENAS LEVAN O QUE VAI DE PRIMAVERA INMERSOS NO PROXECTO E-TWINNING "SPRING INTO SPRING".



CON ESTE, ESTÁN A APRENDER VOCABULARIO E ASPECTOS CULTURAIS RELACIONADOS COA PRIMAVERA E A PASCUA E COMPARTINDO EXPERIENCIAS CON NENOS E NENAS DE PAÍSES COMO ITALIA E POLONIA.




AS HISTORIAS "I AM A BUNNY" E "PETE THE CAT. BIG EASTER ADVENTURE" CONTEXTUALIZARON ESTAS ÚLTIMAS SEMANAS AS SESIÓNS DE INGLÉS.

 (Clica nas portadas para escoitalos)


 

ADEMAIS DA LECTURA E DRAMATIZACIÓN DESTES CONTOS, OUTRAS ACTIVIDADES REALIZADAS FORON:

CREACIÓN DE PLANTILLAS E XOGO CO ESCORNABOT


ELABORACIÓN DE MURAIS COMO PRETEXTO PARA A PRÁCTICA DO VOCABULARIO


CREACIÓN DE BOLBORETAS A PARTIR DE FILTROS DE CAFÉ E TINTA RECICLADA


MODELADO E DECORACIÓN DE OVOS DE PASCUA

ELABORACIÓN DE POSTAIS E OVOS 3D COMO AGASALLO AO ALUMNADO DE POLONIA





BUSCA DE OVOS NO PATIO DA ESCOLA ORGANIZADA POLO MISMÍSIMO EASTER BUNNY



ADEMAIS DISTO, CANDO VISITAMOS A CASA DAS CIENCIAS PUIDEMOS ASISTIR AO NACEMENTO DE PITIÑOS REAIS


E ESE MESMO DÍA, AO CHEGARMOS Á ESCOLA, AGARDÁBANOS OUTRA SORPRESA, RECIBIMOS UNHA POSTAL DA ESCOLA POLACA FELICITÁNDONOS A PASCUA!


O TRABALLO CONTINUARÁ NAS VINDEIRAS SEMANAS NESTA MESMA LIÑA.
A MAXIA TAMÉN CONTINÚA, SEGUIREMOS INFORMANDO!
ABRACADABRAABRACADI,
MAGIC FOR YOUMAGIC FOR ME!!!