viernes, 27 de septiembre de 2019

SEMANA POLO FUTURO. 27-S

Dende a nosa escola sumámonos ao movemento global pola emerxencia climática. Por iso, tratamos de traballar cada día, contidos que axuden aos nosos pequenos e pequenas entender a importancia dos nosos feitos e accións. Clicando na seguinte imaxe podedes ver de que xeito o traballamos no día de hoxe.

viernes, 20 de septiembre de 2019

A NOSA PRIMEIRA VISITA AO HORTOBN

Tralas vacacións, os nenos e nenas da aula laranxa puideron observar como se encontraba o horto de Barrionovo; non tardaron moito en decatarse de que a terra precisa uns coidados diarios por parte das persoas. 
A profe Lucía explicounos que tiñamos que seguir coas labores de limpeza e preparación horto. Clicando na seguinte imaxe, poderedes acceder directamente a blogue de Voz Natura, onde podedes ver como traballaron estes nenos e nenas na sesión semanal de horto.

jueves, 19 de septiembre de 2019

Reencontro con... KATRINA!

Esta semana retomamos as clases coa profe Katrina, que ganas tíñamos!

Trouxo con ela un novo conto "Mouse Count". Na súa blogue podedes velo, clicando na seguinte imaxe: