lunes, 28 de septiembre de 2020

BITS 1

Ya estamos trabajando con los BITS 1. Con ellos trabajamos la atención, la pronunciación y la ampliación de vocabulario en las dos lenguas (gallego e inglés). Desde, casa podéis jugar con los niños y niñas, e iniciar una conversación sobre ellos.

viernes, 25 de septiembre de 2020

O OUTONO CHEGA A BARRIONOVO

Esta semana demos a benvida ao Outono en Barrionovo. Fixémolo presentando aos nenos e nenas o álbum ilustrado "Ramón", de Jesús Cisneros. 
Obervamos que cambios supón a chegada do outono, e logo convertímonos en "Ramón" ou "Ramona" e baixamos ao patio. Alí tiñamos un paraugas que nos incitaba a poñernos na pel de Ramón e observar os cambios na contorna. Que ben o pasamos cun simple paraugas! 
Logo, cada neno e nena, na sesión de arte, tiña o reto de debuxarse cun paraugas, e representar a chuvia utilizando goteiros de cores. Mirade que artistas:









jueves, 17 de septiembre de 2020

BENVIDO, CURSO 20/21

Esta semana demos a benvida na aula laranxa ao curso 20/21, un curso diferente, que afrontamos con ganas e ilusión. Queredes ver que estivemos facendo na aula esta semana? 

DECORAMOS OS NOSOS ESTOXOS
Cada neno e nena vai ter o seu estoxo persoal, no que contará con lapis, goma, ceras... Cada un, decorou libremente o seu:



DECORAMOS OS NOSOS PERCHEIROS
Ademais todos temos o noso percheiro individual fóra da aula, que decoramos cunha pista do que será o noso proxecto deste curso.




"HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS"
Este foi o primeiro conto deste curso. A partir del, pensamos e compartimos diferentes maneiras de expresar o cariño aos demais, pois os bicos e as apertas van ter que esperar. 

Despois do conto, escribimos o título, e debuxamos a parte que máis nos gustou: