miércoles, 30 de octubre de 2019

SAMAÍN

Hoxe celebramos o Samaín en Barrionovo. Primeiramente, acudimos ao CEIP Galán a ver a súa exposición de cabazas. Premede na imaxe para ver como foi a experiencia:

Unha vez que chegamos de volta á escola, puidemos desfrutar dunha poesía express terrorífica da man dunha bruxa que nos soaba moito... E ademais, puidemos desfrutar un xogo de medo moi, pero que moi divertido!! Premede na imaxe para ter máis información:

Que ben o pasamos! FELIZ SAMAÍN!!!!

domingo, 27 de octubre de 2019

COMEZA A NOSA INVESTIGACIÓN: OS MASÁIS.

Chegamos o pasado luns a aula e atopamos un misterioso cofre. O encargado dese día, Iker foi que descubreu o que nel había: un mapamundi e fotos de diferentes casas do mundo. Foi sacando de unha en unha, e ibamos facendo unha pequena descripción do que iamos vendo. Ademais, observamos características similares entre algunhas delas, polo que as fomos agrupando e clasificando segundo as súas características.



Unha vez que vimos, analizamos e fixemos unha lectura de imaxes, tiñamos que pechar os ollos uns segundos e pensar, pensar cal desas casas tan curiosas e diferentes a nosa, nos apetecía investigar. Pra deixar constancia do noso voto, cada neno e nena tiña unha cera, que debía colocar enriba da foto da casa da que desexaban saber máis.












Unha vez que fixemos o reconto de votos, vimos que decidiron estudar os MASÁIS! O seguinte paso era poñernos en contacto coas familias e pedirlles que nos axudasen na nosa investigación. Decidimos enviarlles unha nota na que os nenos e nenas participaron:





Unha vez que enviamos a nota ás familias, subimos a bibliobn en busca de libros informativos sobre os masáis, que pasaron a formar parte da nosa biblio de aula.




Tan só nos queda que os nenos e nenas vaian aportando as súas investigacións para poder dar comezo dun xeito significativo ao proxecto!

viernes, 25 de octubre de 2019

CONCIENCIACIÓN DO CONSUMO DE PLÁSTICOS A TRAVÉS DA ARTE

Seguimos traballando na escola a concienciación sobre o consumo masivo de plásticos no noso día a día. Coa profe Alba nas sesións de arte, seguimos con este traballo de concienciación. Premede na imaxe se queredes descubrir máis:

HALLOWEEN GAMES

Se queredes ver canto riron e que ben o pasaron os nenos e nenas de Barrionovo nas clases de inglés só tedes que premer na seguinte imaxe:

miércoles, 23 de octubre de 2019

TALLER DE MATES

Tódolos mércores, os nenos e nenas da aula laranxa levamos a cabo o taller de mates. Sempre baixamos ao Espazo Fedelleiro, pero hoxe, fixemos un traballo por parellas na aula. 
O primeiro que fixemos foi separar as mesas e construir 6 equipos. En cada equipo traballaría unha parella. Cada vez que dicimos cambio, temos que rotar ao seguinte xogo de lóxica. Ao longo da sesión, todas as parellas pasarán por todos os xogos.

1. XOGO DE CONSTRUCCIÓN DE FIGURAS.

2. XOGO DE FORMAS XEOMÉTRICAS.

3. PUZLE PIRATA.

4. CONSTRUCCIÓN CON PEZAS TRIDIMENSIONAIS.

5. TRES EN RAIA

6. TANGRAM

lunes, 21 de octubre de 2019

ENCONTXO CON NABIZAS!

A pasada semana as sesións de horto xiraron en torno a un conto moi especial: "O coelliño branco". A profe Raquel tróuxonos nabizas pra todos os nenos e nenas de Barrionovo, e o que fixemos foi o mesmo que o Coelliño Branco fixo coas coles: PRANTALAS!!! Premede na foto para ver como se desenvolveu a actividade:

HALLOWEEN COOKING

Premede na imaxe pra ver o que argallaron as profes Katrina e Katie na aula laranxa:

jueves, 17 de octubre de 2019

VIVENDAS DE AQUÍ E ACOLÁ.

Comezaba o curso...e con él, unha nova aventura. Un novo proxecto: #mesturarte. Na escola podíamos observar fotos de diferentes casas do mundo. Onde estaría cada unha delas? Eran iguais? Distintas? Con que materiais estaban feitas? Como era a contorna que as rodeaba? Moitas preguntas no aire, curiosidades pola xente que nelas vivía ou vivira... E pra todo isto tiñamos unha misión: fixarnos naquelas que máis nos chamaban a atención, para posteriormente indagar nunha, e investigala na aula e nos fogares, coas nosas familias.


Unha vez que descubrimos o proxecto a traballar neste curso, e tras observar todas esas fotos que nos acompañaban na escola, xurdiu unha pregunta: algunha desas casas se parece á nosa? En que se diferencian? Pra sabelo, pedimos ás familias que mandaran ao correo da aula laranxa unha foto do neno ou nena diante da súa vivenda, pra poder facer unha pequena investigación de como era, se tiña ascensor, garaxe, xardín, se era unha casa unifamiliar, un piso, como era o edificio, cal era o entorno que a rodeaba...
Unha vez que as familias enviaron a foto ao correo electrónico, subimos con nenos e nenas, na sesión semanal de TIC, a imprimir a foto da súa casa na bibliobn. Aproveitamos para recordar que necesitamos se queremos imprimir, recordamos o manexo do rato do ordenador. O importante, que cada neno e nena conseguira imprimir a súa foto. E pra isto, o máis importante era ensinarnos e axudarnos uns aos outros.





E que pouco importa agardar uns minutos pra ver como o noso traballo dá o seu froito, e comezar a comprender que imaxes e texto que vemos no ordenador, pasan a ser impresas a todo color nun simple papel.


Unha vez que imprimimos as fotos das nosas casas, escribimos a dirección nunha ficha de rexistro, e co Google Earth, intentamos facer o camiño dende a escola ata a nosa casa. 

Poesía express: Día das escritoras

Este Martes a Poesía Express regalounos diferentes fragmentos de escritoras galegas, da man desta escritora tan especial que nos visitou. Pra uns, unha mística escritora, pra outros a nosa profe María; sexa quen fora, veu acompañada da súa máquina de escribir, escribía e recitaba os fragmentos que recordaba. Despois, cada clase retratouse emulando a escritora.



Velaquí tedes o resultado!


Ademais, tedes colgada no blogue da bibliobn unha guía de lectura coa que desfrutar cos vosos pequenos e pequenas na casa: premede na seguinte imaxe pra vela ao completo:

lunes, 14 de octubre de 2019

WELCOME KATIE, NICE TO MEET YOU!

Todo acontecía un xoves deste iniciado mes de outubro... unha exploradora misteriosa e perdida apareceu en Barrionovo...

Pero non só iso... Katie, a amiga de Katrina, ensínanos inglés sempre da man de Katrina, e ata nos axuda con poesías express...

Nestes días, Katrina e Katie comezaron a falarnos de Halloween...

Recordade que, premendo en cada imaxe, tedes acceso ao blogue de Katrina, onde vos explica que se traballa e como cada semana. 


viernes, 11 de octubre de 2019

Ecopatrulla desplastificadora

Cada semana, na sesión semanal de horto, en pequeno grupo, seguimos coa nosa labor de poñer en marcha o noso hortobn, e pra iso contamos sempre coa axuda da profe Lucía. Clicade na imaxe e veredes o labor que fixeron os nosos nenos e nenas, que están cada vez máis concienciados.

miércoles, 2 de octubre de 2019

Caen as follas...

A semana pasada celebramos na escola a chegada do outono; e con el tivo lugar o primeiro encontro plurilingüe (galego-inglés). Así, a profe Katrina e a profe Mayte contáronnos o conto "Leaf Man" (O Home Folla), mentras que un home folla moi simpático voaba polo Espazo Fedelleiro a causa dos sopridos dos nenos e nenas.


Posteriormente, unha vez que reflexionamos e indagamos sobre que cambios acontecen en Outono, (caen as follas, escoitamos o vento asubiar, collemos castañas, as follas son predominantemente dunhas cores determinadas...), levamos a cabo un taller de grafismo, no que os nenos e nenas de 4 anos tiñan que decorar o interior dunha folla, baixo a consigna "empregar todas as cores que teñamos na cesta". Ao día seguinte, tiñamos que simular ao vento mover esa folla, e para iso precisábamos pincel e témpera líquida. Ademais, puidemos averiguar que lles pasa as cores cando añadimos branco. A continuación podedes ver o proceso do taller e o resultado final. BENVIDO OUTONO!