jueves, 17 de octubre de 2019

VIVENDAS DE AQUÍ E ACOLÁ.

Comezaba o curso...e con él, unha nova aventura. Un novo proxecto: #mesturarte. Na escola podíamos observar fotos de diferentes casas do mundo. Onde estaría cada unha delas? Eran iguais? Distintas? Con que materiais estaban feitas? Como era a contorna que as rodeaba? Moitas preguntas no aire, curiosidades pola xente que nelas vivía ou vivira... E pra todo isto tiñamos unha misión: fixarnos naquelas que máis nos chamaban a atención, para posteriormente indagar nunha, e investigala na aula e nos fogares, coas nosas familias.


Unha vez que descubrimos o proxecto a traballar neste curso, e tras observar todas esas fotos que nos acompañaban na escola, xurdiu unha pregunta: algunha desas casas se parece á nosa? En que se diferencian? Pra sabelo, pedimos ás familias que mandaran ao correo da aula laranxa unha foto do neno ou nena diante da súa vivenda, pra poder facer unha pequena investigación de como era, se tiña ascensor, garaxe, xardín, se era unha casa unifamiliar, un piso, como era o edificio, cal era o entorno que a rodeaba...
Unha vez que as familias enviaron a foto ao correo electrónico, subimos con nenos e nenas, na sesión semanal de TIC, a imprimir a foto da súa casa na bibliobn. Aproveitamos para recordar que necesitamos se queremos imprimir, recordamos o manexo do rato do ordenador. O importante, que cada neno e nena conseguira imprimir a súa foto. E pra isto, o máis importante era ensinarnos e axudarnos uns aos outros.





E que pouco importa agardar uns minutos pra ver como o noso traballo dá o seu froito, e comezar a comprender que imaxes e texto que vemos no ordenador, pasan a ser impresas a todo color nun simple papel.


Unha vez que imprimimos as fotos das nosas casas, escribimos a dirección nunha ficha de rexistro, e co Google Earth, intentamos facer o camiño dende a escola ata a nosa casa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario