lunes, 28 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

O pasado venres celebramos o entroido en Barrionovo seguindo a temática do noso proxecto anual #barrionautasEastronovos.
Tivemos disfraces de todo tipo: planetas, estrelas, astronautas, sistemas solares... todos super orixinais e moitos deles feitos con materiais de refugallo. 
Queremos darlle as grazas ás familias polo traballo realizado. 
Agardamos que o pasárades ben no desfile. 
Bo entroido! 







jueves, 10 de febrero de 2022

XOGANDO CO ESCORNABOT

Outro xeito de seguir traballando os números e as letras na aula e empregando a robótica. Para iso contamos na aula cun amiguiño moi especial: o noso escornabot, co que cada vez temos máis destreza.
Aquí vos deixamos uns vídeos para que vexades o ben que nos manexamos atopando as nosas iniciais e os nosos números de lista.


lunes, 7 de febrero de 2022

INVESTIGAMOS: O PLANETA TERRA

Unha vez traballados Mercurio e Venus, tócanos comezar a investigar o noso propio planeta, a Terra. Despois de ver varios vídeos informativos, quixemos experimentar coa auga que conforma o planeta Terra nun 70%.

Empregamos leite de vaca, colorante alimentario azul e un bastoncillo dos oídos mollado en deterxente de lavar os pratos.

Puidemos observar como cando o xabrón entra en contacto co colorante este expándese por toda a superficie tinguindo o leite de cor azul. 



jueves, 3 de febrero de 2022

XOGAMOS COS NOSOS NOMES

Para ir coñecendo as letras dos nosos nomes e as dos nosos compañeir@s temos na clase diferentes xogos que nos encantan. Con eles imos aproximándonos á lectoescritura e nos sirven para identificar as letras, os seus sons e as súas grafías.

-Compoñemos os nomes empregando pinzas coas diferentes letras


-Relacionamos cada nome coa foto correspondente ou reproducimos os nomes empregando unha tiza.