lunes, 7 de febrero de 2022

INVESTIGAMOS: O PLANETA TERRA

Unha vez traballados Mercurio e Venus, tócanos comezar a investigar o noso propio planeta, a Terra. Despois de ver varios vídeos informativos, quixemos experimentar coa auga que conforma o planeta Terra nun 70%.

Empregamos leite de vaca, colorante alimentario azul e un bastoncillo dos oídos mollado en deterxente de lavar os pratos.

Puidemos observar como cando o xabrón entra en contacto co colorante este expándese por toda a superficie tinguindo o leite de cor azul. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario