martes, 15 de marzo de 2022

VISITA SORPRESA DA PRIMEIRA MULLER ASTRONAUTA!

 A semana pasada mentres estabamos na clase visitounos por sorpresa ValentinaTereshkova, a primeira muller astronauta. Na súa visita contounos historias alucinantes do espazo, como tamén nos deu a coñecer a outras mulleres que como ela fixeron historia no mundo espacial. Ademais leunos unha poesía alucinante. 

 

Tamén dicir que nun momento de descoido aproveitamos para subirnos rapidamente á súa fabulosa nave espacial, desgraciadamente quedamos no planeta terra xa que non tiña combustible 😭




 Para rematar estivemos a traballar algunhas das letras que formaban o seu marabilloso nome, que pouco nos custou porque xa nos resultaba algo familiar na clase 😎


 

Para máis información de outras actividades relacionadas coa semana da muller podedes visitar a web da biblioteca pulsando na seguinte imaxe.




No hay comentarios:

Publicar un comentario