viernes, 22 de septiembre de 2017

Un resumo da nosa semana

Esta semana estivo cargada de acontecementos, os día polo Barrionovo sempre son unha caixa chea de sorpresas.
O martes na poesía express debuxamos a bandeira de Galicia na mesa de luz. Preme na imaxe para ver máis.

O xoves tivemos un Encontxo co Bestiario de Galicia, primeira actividade grupal do curso cos novos habitantes do Barrio. Preme na imaxe para ver máis.
Hoxe, Venres de Encurtas, para conmemorar a chegada do outono que acontecerá esta noite, a curta estivo adicada a esta estación, amenizada con música de Vivaldi.

Ademais, xa temos as nosas etiquetas para os percheiros listas!!!


Ao longo da semana tamén fumos marcando no mapa de Galicia que temos na clase os puntos do noso país que imos coñecendo por distintos motivos: Pastoriza, por suposto, por onde empezar senón? 
As montañas do Courel, onde naceu Manuel María, protagonista do calendario deste mes. 
 Ademáis, hoxe vimos na Biblio, na contraportada dun xornal unha nova que dicía: "La ballena azul vuelve a Galicia" 
Parece ser que preto da Illa de Ons, así que tamñen o marcamos.


E para rematar a semana, marchamos coas novas mochilas, con cadanseu libro, disposto a ser disfrutado en compañía da familia. Felices lecturas!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario