miércoles, 18 de marzo de 2020

XORNADA III: #QUEDANACASA

PROPOSTA PARA COMBATER O TEMPO NA CASA III
COMENTAMOS EN FAMILIA
Algo anda a pasar nas casas da xente estes días... Observa e comenta: cantas cousas atopas do revés?

QUE DÍA É HOXE?
Seguimos co traballo do calendario. Conversamos sobre que día é hoxe, buscámolo no calendario, observamos e analizamos que día foi onte, que día é mañá. Xogamos a buscar un día en concreto e o neno/a deberá localizalo no calendario. Cada día repasamos os días da semana, os meses do ano, e facémolo ao son dunha canción que desexamos que ás familias vos guste tanto como a nós:

Seguimos a traballar o homenaxeado do mes de marzo que comezamos a traballar no Muncyt e na escola: JORGE PETEIRO (pintor). Podedes buscar obras de arte deste pintor na rede e analizalas verbalmente: que cores aparecen, se son tristes ou alegres, que cores non aparecen nelas, por que será, miramos a ver se podemos identificar algunhas cousas que nelas aparecen...

Seguindo co calendario e aproveitando que onte visitamos virtualmente a Torre de Hércules, podemos xogar a atopala no cadro de Peteiro e despois podemos debuxala nun folio, perfilala con rotulador, con pincel ou incluso pintala.

POESÍA EXPRESS:
Todos os mércores subimos á BIBLIOBN para escoitar unha poesía. Como mañá celebraríamos o día da poesía e dos bosques (que será o día 21 de marzo), a continuación premendo na seguinte imaxe podedes ver a proposta:

PSICOMOTRICIDADE E IOGA:
Deixámosvos a continución unhas propostas relacionadas coa psicomotricidade e o movemento, necesaria tamén nestes días de illamento nos nosos fogares:





Por favor, seguide compartindo connosco as tarefas dos vosos nenos e nenas, que nos enchen de satisfacción e ilusión!! Grazas por seguir ahí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario