lunes, 9 de marzo de 2020

CELEBRANDO O 8M

O pasado mércores recibimos na bibliobn a seis mulleres exploradoras e valentes que fixeron historia coas súas viaxes arredor do mundo; seis mulleres que reivindicaron e demostraron a igualdade entre homes e mulleres. Premede na seguinte imaxe:
Unha vez que afondamos nalgúns dos datos máis destacables da súa biografía, todos os nenos e nenas da escola participaron nun croma; e este foi o resultado: 

Este luns, as profes Lara e Lucía deletáronnos cunha canción en inglés-galego que reivindica a igualdade entre nenos e nenas, entre homes e mulleres, unha canción a prol de que cada quen sexa quen desexa ser. Premendo na seguinte imaxe podedes acceder ao encontxo:

Se queredes conmemorar este día cos vosos fillos e fillas a través da lectura, dende a bibliobn deixámosvos as seguintes recomendacións:

No hay comentarios:

Publicar un comentario