miércoles, 17 de octubre de 2018

Os sons da auga

Aproveitando que chegou a chuvia, na clase de música escoitamos distintos sons de auga: chuvia, tormenta, pinga de auga...

Tamén probamos os sons que podemos facer coa auga:  lanzando algo, soprando cunha palliña, remexendo...

Para rematar construimos un instrumento musical empregando a auga: un xilófono feito con botellas e distintas cantidades de auga. Agora sí: listos para tocar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario