jueves, 25 de octubre de 2018

Asemblea

Todos os días, nada máis chegar á aula, teñen lugar as rutinas. Así que, despois de poñer o mandilón, miramos no panel do encargado, a quen lle corresponde selo. Hoxe tocáballe a Izan. 

Cando xa sabíamos quen ía ser, os nenos que queren e o necesitan, poden compartir cos demais amig@s da aula vivencias, opinións, inquedanzas... respectando sempre, a quenda de palabra.



Unha vez que todos os nenos se expresan, o encargado do día pasa lista e saúda a cada amigo. Unha vez que acaba de pasar lista, conta cantos nenos e nenas quedaron na casa, e cantos viñeron á escola; despois busca na recta numérica o número que corresponda. Hoxe faltaron tres nenos, co cal tiña que buscar na recta o número 3, así como como número 9 para os que asistiron á escola.


Despois, o encargado e os nenos e nenas da aula cantan a canción dos días da semana, miramos no calendario que día é, o tempo, e por último fai un debuxo de si mesmo, e escribe o seu nome.



No hay comentarios:

Publicar un comentario