miércoles, 24 de octubre de 2018

TANTOS COMO...

A partir do proxecto #somosdemonte, comezamos a investigar o porco teixo, a proposta dos nenos e nenas de 3 anos. E a partir del, traballamos as matemáticas. Concretamente esta semana, estamos co concepto: tantos como.

Tras traballar na asemblea en gran grupo, de maneira individual cada neno tiña un dado. tiña que lanzalo e contar que número saiu,



Unha vez que contamos os puntiños para saber que número nos tocou, temos que recopilar tantas castañas como nos indica o dado.



Unha vez recopiladas, temos que fixarnos na actividade impresa do porco teixo, e rodear, pegar gomets ou colorear tantos porcos teixos como nos sairon nos dados. 



Finalmente, pola cara posterior da ficha, observamos o noso nome e escribímolo. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario