viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA FINAL: FIN DE CURSO 2020

E pouco a pouco fomos chegando ao último día de escola. Un curso raro, cun final inesperado e diferente, pero superado!  

Gustaríanos, dende o equipo de Barrionovo, darvos as GRAZAS A TODOS/AS, por estar ahí e colaborar con nós ao longo do curso na escola, e tamén por estar ao outro lado do ordenador, que sabemos que non foi fácil, e fixéchelo moi moi ben.

Todo o que programamos foi con cariño, esperamos que vos gustaran as actividades e que nalgún momento vos axudaran. 

Vémonos en Setembro! Mentras tanto, pasade un FELIZ VERÁN, e sobre todo, non esquenzades facer algunhas das seguintes tarefas... 

BEN ATENTOS AO VÍDEO!!!

Ademais, o próximo curso recibiremos a novos compañeiros na escola. Para darlles a benvida e vaian coñecendo a escola, deixámoslles o seguinte vídeo:

BENVID@S!!

MOITOS BICOS PARA TOD@S, EN ESPECIAL AOS MEUS PEQUES DE 4 ANOS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario