jueves, 18 de junio de 2020

DESPEDIDA FIN DE CURSO: AULA AZUL

BO DÍA FAMILIAS!

Seguimos coa semana das despedidas. Hoxe queremos adicar a xornada aos compañeiros e compañeiras de 5 anos, da aula azul, que o próximo curso non estarán con nós. Pois unha nova etapa lles espera: a chegada a primaria.

Ata o de agora foron os maiores do cole, e a verdade, queremos darlles as grazas porque sempre estiveron dispostos a axudarnos e coidarnos a tod@s ao longo do curso!

No seguinte vídeo, poderedes ver como foi o seu percorrido por estes tres ano na escola de Barrionovo. Peques, que pasedes un moi feliz verán, e desexámosvos dende o barrio laranxa sorte na nova etapa!

E para que gardedes un bonito recordo  deste curso con todos os compañeir@s, aquí tedes a vosa orla deste curso 19/20:
Como cada día, podedes seguir traballando cos nenos e nenas a linguaxe a través da blogue de Audición e Linguaxe. Preme na imaxe para ver o xogo de hoxe:

No hay comentarios:

Publicar un comentario