Ao longo desta semana tiveron lugar varias visitas e sorpresas en Barrionovo.
O martes recibimos a visita do pai de Ainara Carril, que para celebrar o mes das letras galegas, nos veu contar un conto en galego: "Unha parella diferente", de Ed. Kalandraka. Aos nenos e nenas de Barrionovo encantoulles, pois estiveron moi moi atent@s! Grazas por visitarnos de novo, Toni!
Trala visita do pai de Ainara, tivo lugar a poesía-express desta semana, baseada no conto "O libro dos medos", da Ed. Bolanda, que representamos con teatro de sombras, onde un neno, lle trasmitía a súa nai, o seu medo á escuridade. A súa mamá, trataba de acougalo cariñosamente.
Tras ela, falamos das cousas que nos dan medo e do por que.
Por último, onte recibimos na escola a Manuel, un membro da Garda Civil, concretamente de SEPRONA. Manuel falounos sobre o traballo que realiza xunto aos seus compañeir@s, os riscos mediambientais derivados das malas prácticas humanas e como podemos nós previr que ocorran.
Centrouse ademais na prevención de incendios forestais.
Nós contámoslles as nosas experiencias relacionadas con este tema, así como tamén as nosas dúbidas.
Grazas por todo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario