Todos os xoves, acudimos ao espazo fedelleiro, para levar a cabo o taller de mates. Cada xoves lévanse a cabo propostas diferentes, ainda que, fundamentalmente, ao longo deste curso, o que pretendemos é iniciar aos nenos e nenas de 3 anos na rutina do taller:
- entender a organización do mesmo.
- entrar na dinámica da rotación (hai varias estacións; en cada unha delas, unha actividade diferente. Todos pasarán por todas unha vez que escoiten a sinal.
- respetar o agrupamento que lles tocou ata finalizar a actividade.
- respetar as normas de funcionamento e recollida do material.
Os talleres de mates teñen como obxectivo desenvolver capacidades matemáticas en lóxica, numeración, medida, xeometría, relacións espaciais, e resolución de pequenos retos. Neste caso, o obxectivo do taller desta semana era traballar capacidades relacionadas coa numeración (coñecer e utilizar a serie numérica para contar), á vez que tiñan que resolver pequenos retos, pois se no dado lles saía un número e colocaban máis pedras das que correspondía, tiñan que pensar que facer, se quitar ou poñer pedras. O ensaio-erro axudóunos a irse autocorrixindo de maneira autónoma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario